Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / ...
No meu mar, na miña lingua

Proxecto plurianual sobre léxico mariñeiro.

Artigos nesta sección:

Grazas a todas as familias, tamén a Federación Galega de Confradías de Pescadores, e a consellería de Pesca, que prestaron a súa colaboración ao proxecto de dixitalización de varios  álbums de fotos  relacionados cos seus familiares mariñeiros, o Museo do Mar de Galicia presentou este mes de decembro  os resultados destes álbums na rede co título (A memoria do mar). A memoria do mar, foi realizado maiormente coa colaboración da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que  xuntou  arredor de 4.000 imaxes, estas proceden  de máis de 200 doadores, en 25 localidades da costa (A Guarda, Muros, Rianxo, Moaña e outros. As imaxes foron dixitalizadas en alta resolución,  e subidas, a baixa resolución, a un catálogo  que pode ser consultado por quen o desexe na páxina web do Museo do Mar de Galicia   (www.museodomar.com/gl). Nesta páxina ademais de toda a información referente ao mundo do mar galego, pódese encontrar o blog coas imaxes do proxecto, con cadansúa breve explicación do lugar e significado da imaxe,  xunto con moita información con artigos sobre a pesca no pasado.

Ós membros do ENDL gústanos estar pendentes de todo o que teña que ver co noso proxecto No meu mar, na miña lingua, que ten como un dos seus obxectivos principais recuperar e difundir léxico relacionado cos deportes marítimos e con actividades desenvolvidas no mar.

Desta vez ofrecémosvos dous enlaces de interese e que gardan relación co noso proxecto:

http://www.udc.es/snl/terminoloxia/Deportes.pdf
Vocabulario deportivo, elaborado por Iván Méndez López, que ofrece a Universidade da Coruña na súa páxina e que se pode descargar en pdf.

http://heroinasdesalvora.blogspot.com/
Blog onde se expoñen os traballos realizados no CEIP Aguiño de Ribeira, que teñen o mar, as sereas, as cantigas mariñeiras como fío condutor na maior parte deles.

Hoxe, 24 de xaneiro de 2009, vimos de presentar a segunda parte do noso proxecto No meu mar, na miña lingua, que -igual có ano pasado- conseguiu un dos premios de innovación en normalización lingüística.

A xornada desenvolveuse no IES As Fontiñas de Santiago onde, nunha primeira parte, os premiados expuxemos en 10 minutos en que consistían os nosos proxectos. Alí estivemos en compañía do IES Rodeira de Cangas, CEIP Figueiroa da Estrada, EOI de Ferrol, IES As Bizocas do Grove, IES O Perdouro de Burela, CEIP Aguiño de Ribeira e o IES A Sangriña da Guarda. Logo Jorge Fente instruíunos sobre a dinámica de grupos.


A A.C.O Xeito é unha asociación con sede social na vila de Esteiro (concello de Muros- A Coruña), que ten como gran obxectivo é recuperar e divulgar o numeroso e rico 

patrimonio marítimo desta Vila.

 
É moi recomendable unha visita ao seu blog, denominado a Singradura da Relinga, neste dominio http://singraduradarelinga.blogspot.com

Os visitantes deste blog poden mergullarse nunha extensa galería fotográfica sobre o mundo do mar, ou comprobar a extensa nómina de

bitácoras amigas. Porén, é fundamental as novas sobre as actividades e amor da A.C.O Xeito polo mar e o seu patrimonio.

 
Parabéns para a A.C.O Xeito pola súa iniciativa e magnífico traballo que está realizando.

 

O E.N.D.L do I.E.S Félix Muriel, segue traballando no proxecto comezado no curso 2007/08.

  1. Vocabulario con definicións
  2. Vocabulario galego-castelán, castelán-galego
  3. Vocabulario galego-castelán-portugués-francés
  4. Termos da enquisa
  5. Resultados da enquisa

Os vocabularios estrutúranse tematicamente como segue:

  1. Partes da embarcación
  2. Embarcación a vela
  3. Navegación a vela
  4. Remo tradicional

Tamén engadimos un documento coa xustificación das nosas propostas terminolóxicas.

23 Artigos |   | 1  | 2  | 3
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.