Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / ...
No meu mar, na miña lingua

Proxecto plurianual sobre léxico mariñeiro.

Artigos nesta sección:

Presentamos neste artigo unha mostra de material gráfico editado dentro do porxecto “No meu mar, na miña lingua†desenvolvido polo noso ENDL desde o curso 2007-2008 ata este curso 2009-2010, momento de finalización deste traballo de recollida de vocabulario

Presentamos neste artigo unha mostra de material gráfico editado dentro do porxecto “No meu mar, na miña lingua” desenvolvido polo noso ENDL desde o curso 2007-2008 ata este curso 2009-2010, momento de finalización deste traballo de recollida de vocabulario.

San Cibrao, no concello de Cervo ten un Museo especial. É único, cunha exposición ampla e de gran diversidade, tamén organiza unha densa programación de actividades, para dar a coñecer fundamentalmente a vinculación histórica do pobo galego e o mar.
No entanto, o que fai diferente a este Museo, é que nace dunha fermosa historia.
Don Francisco Rivera Casas, mestre de San Cibrao, comezou hai corenta anos, coa colaboración dos seus alumnos a recoller todo aquilo que o mar lle entregaba e consideraba relevante.
No pasado mes de outubro, o legado deste mestre celebra aniversario, catro décadas nas que a súa obra foi recoñecida e visitada por numerosas persoas.

Co inicio dun novo curso, despois dunhas xornadas de adaptación, é o momento para volver a estar con todos desde a sección: NO MEU MAR NA MIÑA LINGUA.

Comezamos cunha boa nova. Pois a tecnoloxía é o alicerce dun proxecto do Museo do Mar, para recuperar o noso patrimonio marítimo.

O proxecto consiste en dixitalizar as embarcacións tradicionais galegas en tres dimensións, estamos ante unha actuación pioneira en España, con obxectivos moi ambiciosos e favorables para o mellor coñecemento da nosa rica historia mariñeira.

O futuro Arquivo Virtual de Embarcacións Tradicionais (AVET), pretende entre outros os seguintes obxectivos.

Catalogación das embarcacións tradicionais, a gran maioría no esquecemento.
Achegar documentación sobre estas xoias do noso litoral.
Realizar un traballo de divulgación.

Unha dorna polbeira e unha gamela de Cabo de Cruz, son as dúas primeiras embarcacións obxecto do estudo. Desde a nosa sección imos seguir con entusiasmo este proxecto e os seus ambiciosos resultados. Para todos aqueles que desexen unha información máis completa, poden visitar a páxina www.avet.com

O pasado domingo 24 de maio, celebrouse na ría de Vigo a IV proba do X Circuíto Galego de kaiak de mar.

O mércores 18 de marzo, ás 17.00 h. fixemos unha gravación para a montaxe dunha curtametraxe sobre o léxico dun deporte náutico: o remo.

Para esta gravación, catro alumnas fixemos unha pequena presentación, a continuación sae unha entrevista feita por nós ao adestrador e finalízase coa xente do club de remo sinalando as partes da embarcación.

O Museo do Mar de Vigo presenta desde o día 10 de febreiro a exposición denominada  As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata a ría do Eo.

Parabéns, desde o grupo de traballo de No meu mar, na miña lingua, para os impulsores de tan magnífica iniciativa.

 

23 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.