Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO
Artigos nesta sección:

"Mar ao norde (1932)"

(1)

SOL:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba rosa:
vivas,
        intactas,
                    núas,
con arelas de mans,
coma espellos de mastros.

SOMBRA:
Cinco fiestras colgadas
da mesma alba turba:
quedas,
           chás,
                  duras,
sin afáns de presencia,
sin afáns de fuxida.

SEMPRE:
Cinco fiestras: soio.

Luz, a profesora de ciclo, leu un poema de Cunqueiro titulado “No niño novo do vento”, que vos deixo aquí abaixo.

 No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

Aproveitando que é o ano de Cunqueiro, imos dedicar este trimestre a facer os tradicionais concursos de lectura en voz alta e recitado coa obra de Cunqueiro. Ademais engadimos unha sección nova: concurso de contacontos. Animádevos a participar! Xa vos podedes anotar no local do EDLG.

RIANXO 2112, é o nome do noso proxecto deste curso.

A continuación deixámosvos a relación de actividades que imos desenvolver durante os vindeiros meses

Tanto este restaurante coma o outro do concello “Restaurante Pachín” participaron este ano de novo no Porxecto Abrindo portas en galego e aumentaron a oferta lingüística dos seus produtos.

 Xa sabedes, se pasades este verán por Taragoña, habedes ver as novas cartas que teñen en varias linguas e en varios formatos nos dous restaurantes.

Bo verán… en galego!

Mirade o convite que manda a editorial porque a actividade é de interese…

73 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.