Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

IMG_20160212_122012

Xa temos o fallo do xurado do Premio de Recitado con poemas de Manuel María e Rosalía de Castro. É o seguinte:

Lara Tubío, gañadora do Concurso de recitado, na categoría da ESO.

María Domínguez Pérez, gañadora na categoría de Bacharelato

A entrega de premios será martes 23 de febreiro no local do ENDL

índiceDespois de ler  “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo, lin unha reseña sobre el de Ramón Nicolás e, aínda que concordo coa súa opinión, levoume a reflexionar un bocado máis na obra e a elaborar a miña propia recensión da novela.

A segunda proba da xincana ” O mar fala en Rianxo” foi relacionar uns textos co libro ao que pertencen, esta é a solución da proba:                                                           […]

Ámote Leo A. , Estación de Tránsito

 

Por Lela (2º Bac.)

A obra da que vou falar nesta reseña literaria trátase de  Ámote Leo A. , Estación de Tránsito da escritora Rosa Aneiros, que se corresponde coa segunda parte da triloxía de     Ámote Leo A.

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa, que como vimos na reseña sobre o primeiro libro ” Destino Xalundes” , é a viaxeira Leo a que nos conta esta historia. Esa primeira etapa da viaxe deixaranos con Leo en Turquía, na compaña de Iria, a cal non só lle servira de guía, senón que a puxera en contacto con Zerdali coa que agora vive. Porén, o máis importante do final, foi a súa intriga, xa que Leo se atopou con alguén que non nos desvelan ata chegar a este libro. Esa persoa é, como non podía ser doutra maneira, Andrés. Porén non todo é sinxelo coa súa chegada, Zerdali atópase nunha moi delicada situación debido á enfermidade da súa nai, e arrepentida pola súa inhospitalidade, Leo decide acompañala ao seu pobo, deixando a Andrés só. Cando volta da curta viaxe, esta descobre moi dececpcionada a ausencia do rapaz, e véndose s

203 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.