Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

DSC_0188

M. Outeiro Hortas é o alcume que empregou Manuel María para publicar este libro de poemas adicado á Valeorras .

 

 

 

 

 

 

Resistencia dos cidadáns de LeningradoUn animal chamado néboa, de Ledicia Costas, é unha novela histórica, composta por varios relatos, os cales están relacionados entre si dunha forma: todos acontecen no contexto da Segunda Guerra Mundial.

Estes relatos son narrados en terceira persoa, pero dunha forma tan maxistral e detallada,  que te  fai somerxer de cheo na lectura. O título pode encaixar ben dende un principio, pois esa sensación brumosa e de tenebrosidade vai acorde á situación histórica na que nos encontramos, xa que estas narración cóntannos sempre o vivido polas distintas víctimas daquela catástrofe, mais, o nome do libro colle maior sentido cando nos atopamos co relato que comparte título coa novela; nel, a néboa que hai nos campos de concentración de Mauthausen penetra friamente como un animal nocturno nos pulmóns das reclusas, aumentando o sufrimento  delas ante o feito de estar naquel lugar, do que , moi probablemente, non sairían con vida.

 

ledicia

A escritora viguesa Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016, un galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada hoxe pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.

A-que-altura-esta-o-ceo-jorge-mira-alvarellos-editora-libro

En A qué altura está o ceo?, publicado no mes de marzo por Alvarellos Editora, o físico e comunicador científico Jorge Mira propón unha apaixonante viaxe  no tempo, que comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.

 

 

 

 

amote leoPor Lela (2º Bac.)

A obra da que vou falar nesta reseña literaria é “ Ámote Leo A.”, Terminal de…chegadas?” da escritora Rosa Aneiros, que se corresponde coa última parte da triloxía “ Ámote Leo A.”

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa, que non é nada máis e nada menos que a xa coñecida polas súas anteriores andainas, a aventureira Leo.  Nesta ocasión a moza atópase en París, a punto de

Por Aldara Tubío

foto artigo revistaA obra Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela é unha novela de carácter autobiográfico na que o autor conta as súas fazañas nos primeiros tempos da guerra civil. Nesta obra o autor deixa totalmente clara a súa condición de republicano e galeguista e narra cales foron as circunstancias nas que se veu envolto mentres trataba de salvar a vida.

Tras andar fuxido no monte con outros compañeiros favorables á causa republicana, o

cartaz1

O noso mar é o  tema de traballo común neste curso. Nesta ocasión queremos render unha homenaxe á muller e o seu traballo no mar a través da pintura.

Preme na imaxe para ver a presentación.

 

204 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.