Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca
“Laura no deserto” de Antón Riveiro Coello é unha novela que conta a vida de Laura Crussat (ou Laura Mulisch) e tamén a dos diferentes personaxes protagonistas que van resolvendo as incógnitas que teñen sobre o seu pasado. Nas súas páxinas vivimos a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial e as pegadas que deixan estes conflitos nas persoas tiveron a mala sorte de presencialos….
Para min un dos temas máis importantes do libro é a culpa, que é a que motiva que cada personaxe comece a indagar sobre a súa familia ou o seu pasado. Se queredes achegarvos ao libro desde a miña mirada, seguide lendo…
Por Marta Figueira (2º Bac.)
As Rulas de Bakunin é un libro do escritor Antón Riveiro Coello, co que conseguiu gañar o Premio García Barros de novela no ano 2000.
Conta a vida de Camilo Sabio Doldán, un home que pola influencia do seu avó, foi criado dende o berce nunha ideoloxía liberal e anarquista, que defenderá durante toda a súa vida, aínda que iso implique arriscar a súa propia ou renunciar a estar coa familia. Desta maneira, nun espazo de tempo que abrangue dende uns anos antes da Guerra Civil Española ata o Franquismo, e a través de Camilo e das personaxes que habitan neste libro, adentrarémonos nos problemas da sociedade daquela época: a guerra, a pobreza, a persecución por defender uns ideais, o cárcere, a emigración, o exilio, a morte, a traizón …
O pasado sábado 7 de maio Alba Vicente recibiu o cuarto premio do concurso “Ciencia que Conta”, recolleu o seu premio na sede da Fundación Barrié en Vigo. Como todos os anos publicarase un libro con todos os relatos finalistas. FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS […]
Por Marta Figueira
Hora zulú é un libro do escritor vigués Santiago Lopo co que conseguiu gañar o Premio García Barros de novela na edición do ano 2012.
A novela está escrita de forma fragmentada, de xeito que se compaxinan diferentes estilos narrativos: poemas, correos electrónicos, informes hospitalarios que adxuntan anexos e cinco textos titulados Hora zulú.
Alba Vicente foi unha das gañadoras do concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia, Ciencia Que Conta.
Tamén foron finalistas Paula Cambeses, Bernal Muiños e Laura Romero, todos alumnos de 4º da ESO
Por Marcos Saborido
Noite de voraces sombras é unha novela xuvenil escrita por Agustín Fernández Paz na que se nos relata a historia de Sara, unha rapaza que foi de vacacións á casa da súa defunta avoa, onde unha serie de acontecementos a levan a ela e máis á súa nai a descubrir a historia da vida do seu misterioso tío durante a Guerra Civil.
M. Outeiro Hortas é o alcume que empregou Manuel María para publicar este libro de poemas adicado á Valeorras .