Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca
Xa temos gañadoras do concurso de marcapáxinas!
Noraboa a Esther González Mariño (2º BAC B) e a Aroa Sóñora Regenjo (3º F) que pesentaron ambas uns fermosos marcapáxinas ao concurso que convocamos dende o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca para celebrar o Día do Libro. Cada unha venceu nunha das categorías que establecía o concurso.
O lema deste ano foi “Para lermos e falarmos”. Ti tamén les e falas do que les? Recomendas as túas lecturas? Cóntaslles ás amizades e ás familias o que che suxire a literatura, as emocións que che xeneran, a psicoloxía dos personaxes que coñeces nos libros ou a fascinación que che suscitan as paisaxes ou as épocas nas que te sumerxes?
Esa é a idea, ler e falar, e secadra escribir.
Hoxe veu ao noso centro Carlos Negro. O alumnado de 1º Bac. puido falar con el do libro que estiveran lendo e que comentaron en moitos casos en formato vídeo coma os que xa vistes en artigos anteriores e mais neste onde Andrea Ces e Sandra Ordóñez fan a súa interpretación de dous preciosos poemas.
Bernal Muíños escolleu o poema Batman & Robin do poemario de Carlos Negro Masculino singular, para facer o seu comentario. Non deixedes de ver o vídeo:
O vindeiro martes, 14 de febreiro, o alumnado de 1º Bac. vai ter a oportunidade de realizar un coloquio con Carlos Negro, autor da obra Masculino Singular que estiveron a ler nas últimas semanas. Para ir preparando a súa visita, Bernal Muíños e María García gravaron cadanseu vídeo comentando un poema da obra.
Nesta entrada deixamos o de María García e no seguinte artigo podedes ver o de Bernal.
Os Contos de Beedle o Bardo é un libro escrito por J.K.Rowling, famosa polos libros de Harry Potter. Nesta obra non aparecen os personaxes da saga de magos. Pero algúns deles si que aparecen mencionados, como Dumbledore, o director do colexio de maxia Hogwarts no que estudaban os tres amigos protagonistas da exitosa saga, que neste libro fai anotacións de cada un dos contos. O nome de Hermione Granger, mellor amiga de Harry Potter tamén se menciona, como a tradutora.