Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

Hoxe veu ao noso centro Carlos Negro. O alumnado de 1º Bac. puido falar con el do libro que estiveran lendo e que comentaron en moitos casos en formato vídeo coma os que xa vistes en artigos anteriores e mais neste onde Andrea Ces e Sandra Ordóñez fan a súa interpretación de dous preciosos poemas.

Bernal Muíños escolleu o poema Batman & Robin do poemario de Carlos Negro Masculino singular, para facer o seu comentario. Non deixedes de ver o vídeo:

O vindeiro martes, 14 de febreiro, o alumnado de 1º Bac. vai ter a oportunidade de realizar un coloquio con Carlos Negro, autor da obra Masculino Singular que estiveron a ler nas últimas semanas. Para ir preparando a súa visita, Bernal Muíños e María García gravaron cadanseu vídeo comentando un poema da obra.

Nesta entrada deixamos o de María García e no seguinte artigo podedes ver o de Bernal.

comelibrosSe gostas dos libros e tes fame de lecturas apúntate a este novo reto que te propoñemos dende o EDLG e a biblioteca:

—Elixe para ler os libros que che gusten dos que che recomendamos ou os que ti queiras.

Os títulos que che recomendamos pódelos ver no taboleiro que está xunto á biblioteca.

Os Contos de Beedle o Bardo é un libro escrito por J.K.Rowling, famosa polos Os_Contos_de_Beedle_o_Bardolibros de Harry Potter. Nesta obra non aparecen os personaxes da saga de magos. Pero algúns deles si que aparecen mencionados, como Dumbledore, o director do colexio de maxia Hogwarts no que estudaban os tres amigos protagonistas da exitosa saga, que neste libro fai anotacións de cada un dos contos. O nome de Hermione Granger, mellor amiga de Harry Potter tamén se menciona, como a tradutora.

 

 Por: Alba Vicente Muñiz O sábado día 7 de maio asistín á Gala de Entrega de Premios na sede da Fundación Barrié en Vigo. Unha vez alí grabaron un programa para a Radio Galega onde dixeron a posición de cada finalista e leron o relato gañador de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e xeral). Na miña […]

9788498653953“Laura no deserto” de Antón Riveiro Coello é unha novela que conta a vida de Laura Crussat (ou Laura Mulisch) e tamén a dos diferentes personaxes protagonistas que van resolvendo as incógnitas que teñen sobre o seu pasado. Nas súas páxinas vivimos a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial e as pegadas que deixan estes conflitos nas persoas tiveron a mala sorte de presencialos….

Para min un dos temas máis importantes do libro é a culpa, que é a que motiva que cada personaxe comece a indagar sobre a súa familia ou o seu pasado. Se queredes achegarvos ao libro desde a miña mirada, seguide lendo…

193 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 25  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.