Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

A viaxe de Gagarin

Por Coral Romero

Amor, angustia, felicidade, medo, esperanza, represión… termos que definen á perfección os elementos centrais desta novela. a inocente vida dun neno vai evolucionando de dous xeitos paralelos: por unha banda, a incerteza dos estraños asuntos “ilegais” que envolven a vida dos seus pais; e por outra, o espertar sexual que a adolescencia e, o “verdadeiro” amor, lle fan experimentar.

amote leo a

Supoño que a moitos da miña quinta lles soará unha saga de novelas titulada Ámote Leo A. e a quen non, a que agarda para descubrila? Non se arrepentirá.

Mais deixemos de lado ese ton publicitario que está collendo esta modesta reseña literaria, pois do que veño falar non é só do marabillosa que é esta lectura, senón do que pode cambiar un libro diante dos ollos dun lector que medrou e madurou.

Como moito do alumnado que agora cursamos segundo de Bacharelato, eu tamén tiven que ler os dous primeiros tomos desta saga novelesca escrita polas talentosas mans de Rosa Aneiros. Recordo moi ben as tardes de hai catro anos, mergullada nas páxinas dunha novela que para min parecía longuísima daquela, pero que me estaba a fascinar a cada palabra.

video 18Durante a Semana solidaria dedicamos mércores 21 a sensibilizar o alumnado sobre a trata de persoas para a súa explotación sexual. Non sexas cómplice!!!

Aquí quedan varios vídeos de sensiblización e mais a información sobre a Asociación Vagalume.

Cartel_ROSALÍA_RIANXO_2018_1O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.

A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso, no que se combinan rimas, poesías e contos para conmemorar o aniversario do
nacemento de Rosalía e achegarlle á rapazada rianxeira esta figura senlleira da nosa cultura e da nosa literatura.

dia de rosaliaEsta semana temos aberto o prazo para anotarse no concurso de lectura e recitado “Rosalía sempre viva” que se vai celebrar no noso IES a semana do 19 ao 23 de febreiro.  En cada aula hai unha folla para facer efectiva a inscrición. Tamén podedes anotarvos para unha lectura colectiva e facédelo na mesma ficha. Aquí deixámosvos as BASES para que vaiades preparando os vosos textos ata a data. Tamén un enlace para que escollades poemas, ben de Cantares Galegos, ou ben doutra obra en galego. Se preferides descargar un arquivo en pdf cunha breve selección, só tendes que entrar no artigo.

Selección de poemas (PDF)**TECÍN SOIA A MIÑA TEA…
**AS VIÚDAS DOS VIVOS E AS VIÚDAS DOS MORTOS) FOLLAS NOVAS 
**XAN (DA TERRA) FOLLAS NOVAS 
**CANTARES GALLEGOS 
**NEGRA SOMBRA, FOLLAS NOVAS 
**UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO… FOLLAS NOVAS 
**Amores cativos 
**PRÁ HABANA! (AS VIÚDAS DOS VIVOS…)FOLLAS NOVAS --CAMPANAS DE BASTAVALES. CANTARES GALLEGOS --De soidás morríase
**As Torres de Oeste)

9788499143828

Por Paula Cambeses (2º Bac. A)

Gaia é unha rapaza diferente, que non aspira a situarse no centro da periferia, senón que prefire observar a vida dende a marxe. Ela é unha desas persoas que reivindican o monte como berce persoal e non se deixa influenciar por ninguén. Está fóra de todas as convencionalidades e non pretende caerlle ben a xente. Unha persoa solitaria que loita polos seus dereitos e gaña a vida como intérprete. Con todo, un día, o seu traballo provocará que se cruce cunha das cantantes de máis éxito do momento, pero isto non acabará con todas as súas certezas. Gaia seguirá defendendo os seus ideais e aproveitará a fama para poder facer chegar as súas visión ao maior público posible.

9788498654615

Por Paula Cambeses

Hora Zulú, escrito polo autor Santiago Lopo, pareceume un libro entretido, orixinal e para nada monótono. Trátase dun claro exemplo dunha novela na que o autor nos vai dando a spezas dun crebacabezas que debemos completar.

O misterio é basicamente o seguinte:  un home aparece desorientado e sen roupa aos pés dun acantilado. Semella non lembrarse de nada da súa vida e a súa actitude mental provoca o seu ingreso nun hospital psiquiátrico. Uns anos máis tarde, morre deixando un montón de preguntas sen resposta.

204 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.