Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca
Aínda que xa pasou un tempo do acontecemento e se cadra moitos xa vos enterastes, a noticia non pode pasar desapercibida. Ademais, seguramente que algúns non chegastes ao enlace que puxeron no blog de Xerais ao vídeo da gravación do extraordinario discurso pronunciado o 29 de novembro polo galardoado, Agustín Fernández Paz, na FIL de Guadalajara con motivo da recepción do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
A verdade é que o libro non me gustou.
A historia é boa pero creo que o escritor non a explotou demasiado. En primeiro lugar, hai elementos que quedan inconclusos e que ao final non podes unir, se era o que pretendía. Refírome, por exemplo, a Esmeralda e á secretaria de Xacobe.
SUSO DE TORO
Trece badaladas
Edicións Xeráis de Galicia
1ª edición: marzo 2002
ISBN: 84-8302-788-7
Deseño da cuberta: Miguel Vigo
Ilustración de portada: Manuel G. Vicente
SUSO DE TORO (Santiago, 1956), guionista para televisión e colaborador habitual de prensa e radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra foi traducida a varias linguas, sendo obxecto de estudio en diversas universidades europeas. Entre os seus títulos, destacan a obra de teatro Unha rosa é unha rosa (1997) e os libros de narrativa Caixón desastre (1983); Polaroid (1986); Land Rover (1988); Ambulancia (1990); Tic-Tac (1993), Premio da Crítica Española; A sombra cazadora (1994); Conta saldada (1996); Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor; Círculo (1998); Non volvas (2000), Premio da Crítica Española; e Trece badaladas (2002). Escribiu, tamén, libros de xornalismo e ensaio como Parado na tormenta (1996), Eterno retorno (1996), O país da brétema (2000) e A carreira do salmón (2001)
Estiven lendo “Historia dunha escaleira” de Buero Vallejo, déixovos unha breve reseña.
Encántame este libro, é un dos libros que podes ler centos de veces e non cansarte.
Matilda é unha rapaza excepcionalmente lista que ten por pais a unha xente ruín e timadora. Pero Matilda non é coma eles, descobre ela soa os libros aprende a ler por neceidade de pasar o tempo e cando empeza en 1º na escola xa ten un nivel de 6º curso. E aínda por riba diso é capaz de mover obxectos e cousas coa mente!
O libro MAKINARIA escrito por Carlos Negro, trata sobre temas adolescentes actuais, e as consecuencias que estes poden ter.
O autor en ningún momento di se está ben ou está mal, simplemente plasma o que pode acontecer.
Son poemas que, pola forma na que están escritos, percibimos que o autor intenta trasmitir a sensación do que está contando e especialmente da velocidade.
É un libro moi fácil de ler e moi entretido.
A obra sitúase nos anos 20 ou 30, na emigración dos galegos a América, por falta de recursos. Esta historia sucede nunha aldea de labregos dirixida por un señor que fala castelán. A aldea é moi pobre, como pobre é a familia dun neno labrego chamado Balbino. Este neno é labrego, pero esto non lle impedirá que lle sucedan aventuras que recolle no seu caderno. É un neno valente, aventureiro e pícaro. Pensa moito no mundo e o reflexa na súa vida como labrego. Ten un irmán chamado Miguel que marchou para América na procura de traballo. O seu mellor amigo chámase Lelo e tamén tivo que ir para América. O que máis lle molestaba a Balbino era que cando na aldea se celebraba unha festa, el sempre tiña que quedar na casa pois estaban de loito pola morte do seu padriño. Tantas gañas tiña de saír que houbo unha vez na que fuxiu da casa para ir á festa cos demais nenos, pois, mentres el estaba na casa, víaos xogando dende a súa ventá. A súa nai obrigábao a ir todos os domingos á misa para que orara polo seu padriño. Isto a Balbino non lle gustaba nada . El prefería estar cos amigos xogando e pasándoo ben como facían os demais rapaces.