Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

O pasado martes 25 de novembro, celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no centro realizamos actividades para lembrar este día.

MUSICA CONTRA O MACHISMO (4)

Música contra o machismo, Sés, Amaral..Matriarcas, Concordias de papel, Salir corriendo, Martín e Oliver volveron poñer a nota no recuncho da música.

Un ano máis as madriñas e padriños o  do IES Félix Muriel voloveron contarlle un conto ao alumnado do primeiro e segundo ciclo o CEIP Castelao. Desta vez foron  contos de distintos países, Australia, Suecia, Etiopía, Siria, Exipto, Romanía, Chipre, Honduras, Haití, Portugal e Lituania. Como sempre os rapaces recibíronos con ilusión e desexando escoitar […]

O 24 de outubro é o día da biblioteca, para celebralo facemos unha homenaxe aos libros con esta “pequena” obra de arte: No país dos libros de Quint Buchholz. Este libro é unha declaración de amor á diversidade e singularidade dos libros, unha guía de viaxe ao reino dos lectores, poboada de indicios e pegadas […]

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014 En 2006 creouse o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil coa intención de fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público xuvenil. Despois de dous anos se convocarse, no 2014 lévase a cabo a refundación do premio de literatura xuvenil, baixo a denominación de “Jules Verne”, o […]

creadores rianxeirosPor fin sae á luz!! Despois de dous anos de traballo conseguimos mostralo este martes, 10 de xuño, diante da prensa (Podedes ler a noticia no Diario de Arousa, que non respectan aquilo de “Como cho digo!”).

Está prevista unha presentación pública na que participen creadores e creadoras durante a Feira do libro que se ha celebrar na nosa vila no vindeiro mes de xullo, pero mentres podedes ver o contido na páxina do proxecto RianxoFala, do que esta publicación forma parte.

Por  Selena Bermúdez (2º Bac. A) Far West é unha obra que presenta o choque da sociedade tradicional mitificada e representada baixo a figura do bardo e a sociedade actual desvinculada do ambiente rural e chea de prexuízos lingüísticos. Si, estouvos falando dun poemario, non dunha novela do oeste. Un poemario no que se fai unha […]

204 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.