Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

Por Carmela Castro Este pasado martes 24 de marzo, rapaces e rapazas do IES Félix Muriel ofrecémonos voluntarios para voltar ao cole no que crecemos e lerlles un conto ás novas alumnas e alumnos. Como bos e boas exalumnas que somos, nada mais entrar debuxóusenos un sorriso na cara ao recordar vellos xoguetes, instalacións… e […]

Por Uxía Rial

En 1925, Vicente Risco escribiu o relato A veliña vella (parte dunha historia).
O tema deste relato é o rexeite que sofre Galicia polos seus propios fillos. Unha velliña (Galicia) encóntrase cun escudeiro que se dirixe cara ao Santo Andrés de Teixido. Esta dille que ela vai ver aos seus fillos por ver se a poden axudar a recuperar o que lle pertence e lle foi usurpado.
O primeiro dos fillos, que é avogado, dille que non ten leis para defendela. O segundo, que é escritor, dille que non pode escribir nada para ela porque deixaría de ter boas críticas e zona. O terceiro, que é un emigrante retornado das Américas, que se adica a ser un filántropo cos cartos gañados na emigración, dille que perdería os seus cartos se a defendese a ela. Por último, o derradeiro dos fillos, o labrego só se queixa, mentres agarda que veña alguén a defender os seus dereitos e a loitar contra as inxustizas que sofre. Ao final, a velliña regresa ao punto de partida, senta nunha pedra e comeza a petar nela. Aparece de novo o escudeiro, Pai Soares, de recgreso á súa tumba, despois da súa romaría.
O autor denuncia así o abandono que sofre Galicia e o galego por parte dos propios galegos.
A viaxe que a velliña realiza na procura da axuda dos seus fillos estrutúrase en tres partes: Unha presentación co encontro da velliña e o escudeiro Pai Soares, quen fai unha reverencia á velliña e os dous manteñen unha conversa, porque ambos son vellos coñecidos, doutra época histórica. Un nó, no que a velliña fala con todos os seus fillos para pedirlles axuda, se ben ningún deles se presta a colaborar con ela. Un desenlace, onde a velliña volve a encontrarse co escudeiro que volve da súa peregrinaxe. Cerrando así o círculo aberto no comezo da historia. Pero deixando unha porta aberta a través do subtítulo: parte dunha historia…

 

LECTURA2A Biblioteca e o ENDL  incluíron, dentro das súas actividades deste primeiro trimestre, a lectura  pública de Contos de medo durante os recreos.

 

O vindeiro martes 16 de Decembro, para despedir o trimestre, proxectaremos na Bilioteca, dentro do noso programa de curtametraxes en galego, a curta de Andrés Victorero, Automóbil

Por Tania Rey (2º ESO  C)

marilar2008A banda sen futuro, da autora Marilar aleixandre, gustoume moito e por iso vos quero comentar de que vai por se vos animades. Trata sobre unha rapaza duns 16 anos que ten un tumor na cabeza e queda  calva, para disimular pon un turbante ou un gorro para ir ao instituto. Alí todo o mundo se mete con ela e a critica por levar turbante e gorro. Despois duns días xa parece que os seu compañeiros a aceptaron tal como é pero aínda a deixan de lado. Os seus pais din que  a entenden pero ela pensa  que non porque sempre están a berrar entre eles,  e cre que a única que a escoita e súa avoa. Case todas as semanas vai ao médico pero sempre lle din o mesmo “parece que está curado, pero é prudente continuar o tratamento dúas semanas máis”.

concurso felicitacións bases

MOTIVO: O Nadal e/ou Aninovo

entra e mira as BASES:

204 Artigos |   | 1  |   | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.