Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura

Nesta sección recóllense todas as actividades relacionadas co fomento da lectura e coa biblioteca

Artigos nesta sección:

VI DCG

 

A pasada semana celebramos, un ano máis, no Félix Muriel o día da Ciencia en Galego. Houbo distintas actividades:

 

 

mardelibros (3)Esta semana comezou a xincana: “O Mar Fala en Rianxo” coa primeira proba: “Mergúllate no mar dos libros”:  Adiviña a que obra pertencen nove textos que podes ler no recuncho de lectura, no edificio central do instituto ou podes lelos aquí, PARTICIPA,   PODES CONSEGUIR PREMIOS!!!!!.

Por Lela (2º Bac.)

NOITE LONGAA obra da que vou falar nesta reseña literaria é “ Non hai noite tan longa” do escritor Agustín Fernández Paz.

Trátase dunha obra cun único narrador en primeira persoa. Quen nos conta a historia é Gabriel, un home que nos seus anos de mozo xurara non voltar á súa vila natal, Monteverde, promesa que mantivera incluso cando morreu seu pai, pero que por mor de non poder vivir co remordemento, decidiu incumprir pola morte de súa nai. Porén, una vez alí, visitando a que fora a súa antiga casa máis a de seus pais, aparéceselle a pantasma de seu pai, que lle di “ Moito tardaches! Levo máis de trinta anos agardándote!” A partir deste momento, Gabriel decide quedar en Monteverde para tratar de resolver a inxustiza que o fixo fuxir da súa vila natal con tan só 17 anos, a que lle acabou arrebatando a vida ao seu pai, para dunha vez por todas recuperar a dignidade dos Mourelo ( alcume da familia considerado negativo nun primeiro momento, por ser roxos, e logo pola acusación ao pai de Gabriel de tentar agredir a una rapaza) e que seu pai poida descansar para sempre en paz.

204 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |   | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.