Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / ...
Club de lectura Ex Libris
Artigos nesta sección:

contospaHai once relatos reunidos neste libro que son moi diferentes entre si, mais teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dalgún dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais. Pareceunos moi interesante e escollémolo para ler no noso grupo de lectura de 1º ESO. Vai ser o noso primeiro libro no club e para algúns do grupo, mesmo vai ser a primeira vez que lean un libro enteiro deste tamaño!

 

Edicións Embora publica este libro de Xosé Neira Vilas, Aquel neno transmite case visualmente o mundo rural no que medrou, un case resumo ou non sei se un compendio das súas obras máis singulares e aclamadas. Estamos novamente ante pinceladas dese neno que vive nunha aldea e conta o que alí sofre, xoga e sente, […]

Comezamos a ler un libro do escritor francés Jean Giono, publicado no 1953. Nós o que estamos lendo é a súa tradución ao portugués.   Conta a historia dun home que coñece a un pastor e a rexión inhóspita na que éste vive e observa o rencor e tristeza que senten  os seus habitantes. O […]

 

flores radiactivas1Un estraño fenómeno aparece na fosa atlántica, zona que ata hai pouco tempo utilizaron unha serie de paises europeos para verquer os residuos radiactivos procedentes  das súas centrais nucleares. Quen lle ía dicir a Alba, unha rapaza dunha vila da bairamar galega, que ía ser a protagonista dunha aventura que había acabar tendo unha repercusión mundial?Premio Merlín, 1989

21 Artigos |   | 1  | 2  | 3
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.