Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / ...
Actividades
Artigos nesta sección:

Aida, Eduardo e Laura estiveron na Escola do Cruceiro (pertencente ao CRA) contándolles contos aos pequenos de 3 a 6 anos, actividade que se desenvolve dentro do proxecto RianxoFala na que colaboramos os dous centros xunto co Colexio Brea Segade de Taragoña. Aquí o vídeo:

Desde o xoves 23 ao xoves 30 proxectaremos na Biblioteca as creacións do alumnado de 1º de Bacharelato arredor da obra de Suso de Toro, Tic-Tac.

Tic-Tac  xa se fixo maior de idade, xa cumpriu os 20 anos; pero  este trimestre medrou un pouco máis coas 62 lecturas feitas da obra, no Félix Muriel, polo alumnado de 1º de Bacharelato.

ourense1O día 20 de novembro o alumnado de 4º de ESO A , B e PDC fomos de excursión a Ourense. Pola mañá fixemos o roteiro da Esmorga, é dicir, o camiño que percorreron os persoaxes desta historia.

  Durante tres días visitaron a nosa biblioteca uns seres máxicos. María, Alicia e Amanda presentáronnos a estas curiosas criaturas.   http://gorinho.gl/2014/cocon_14.htm  

O pasado día 29 de outubro seis alumnas de cuarto de ESO, participamos nunha actividade que consisitía en ir ao CEIP A.D.R. Castelao a lerlles un conto de medo aos nosos afillad@s lectores. Esta actividade xa a fixéramos o ano pasado e a experiencia foi tan boa, que non dubidamos en repetir. Antes de ir […]

35 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.