Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / ...
Eu xa o lin

Nesta subsección recóllense as opinións dos lectores sobre calquera obra que se estea lendo. Cada un dos artigos de opinión desta sección estará enlazado no artigo de referencia que existe en “Estase lendo” .

Artigos nesta sección:

un futuro mellor

O outro día lin este texto de Eduardo Punset e gustoume moito, por iso acordei traducilo ao galego (lingua que estou aprendendo) para que poidades lelo na lingua propia de Galicia. Espero que o disfrutedes coma min.

Un futuro mellor

 Non é certo que exista unha crise económica planetaria, o que existe é unha crise específica de países específicos.

 

O libro de Sechu Sende, Made in Galiza, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo. É un libro que contén 42 relatos breves, neles cóntanos historias relacionadas coa lingua galega, coa súa situación.

Nuns relatos o narrador é interno, a historia é contada por un dos protagonistas (por exemplo: Falar, Na oficina de obxetos perdidos, A fábrica de palabras…), noutros o narrador é externo, a historia non está contada por ningún protagonista (por exemplo: A muller que vivia no futuro, Uf, O ladrón de palabras…). Polo tanto, uns relatos están en 1ª persoa e outros en terceira. Nalgúns relatos o narrador é o propia lingua galega.

 

Noite de voraces sombras, novela de Agustín Fernández Paz pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia de Sara, unha moza, que durante unhas vacacións na casa da súa avoa atopa unha serie de cartas e fotos que lle cambia a vida. A historia está contada por un narrador interno, xa que é a propia protagonista quen a narra e está, polo tanto, en primeira persoa.

 

 

A Praia dos Afogados, novela de Domingo Villar, pertence ao ámbito literario e dentro  deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos as investigacións policiais levadas a cabo polo inspector Leo Caldas para resolver o asasinato dun mariñeiro de Panxón.

Leo Caldas, inspector de policía, é o encargado de investigar  o afogamento dun mariñeiro de Panxón, Xusto Castelo. Ao principio todo foi pensar que se trata dun suicidio pero resulta ser un asasinato. A investigación leva a Leo Caldas a relacionar a morte do mariñeiro co naufraxio dun pesqueiro o Xurelo, do cal o afogado fora mariñeiro e este naufraxio cao desaparición dunha muller en Aguiño, Rebeca Neira. Ao final o asasino do mariñeiro resulta ser un dos seus compañeiro do pesqueiro naufragado: Marcos Valverde, o cal resultou tamén ser o asasino do capitán do Xurelo e de Rebeca Neira.

A Petete, todo lle sae mal. Despois de saír do cárcere, e antes de voltar ao seu fogar, decide cometer un delito, que lle permitirá chegar á casa con cartos no peto. Mais o atraco á gasolineira que planeara e efectuara xunto co seu compañeiro O Pequeno, complicarase tras a morte do empregado do establecemento.

O libro Crime en Compostela de Carlos Reigosa recolle a máxia pétrea e inalterable da capital santiaguesa mesturándoa coa escuridade de suburbios tintados de vicio, celos e morte. Esta aleación resultou Premio Xerais no 1984, sendo unha das obras máis vendidas da literatura galega.
A historia céntrase no asasinato do empresario da construcción Aurelio Xieiro. Para chegar a resolución do crime, Reigosa, lévanos polas rúas compostelás da man de Nivardo Castro, quen, aparte de desvelar a identidade do asasino, tamén descubrirá os segredos da vella Compostela. Cada monumento, cada igrexa, cada praza… Cada pedra ten tras de si unha historia que nos encandeará e nos fará sentir a maxia da cidade. O abraio e desconcerto de Nivardo por terse cometido un crime nesa cidade, que no primeiro contacto transmite  tanta paz e tradición, tamén é experimentado polo lector debido ós cambios bruscos de contexto; dunha Compostela que acolle no ventre os ósos do apóstolo, a unhas rúas manchadas de sangue; da pedra que garda lendas e misterios, aos grafitis en muros de formigón; da cuna de grandes intelectuais, aos locais máis miserentos e depravados…
Este recorrido pola  metrópole, a modo de guía turística, é un perfecto reclamo de visitantes. Incluso para os xa coñecedores da cidade, a obra seduce e invítanos a descubrir Santiago. Eu, invítovos a descubrir a obra.

Estimada Rosa Aneiros:
Lin o seu libro de Resistencia, e téñolle que dicir que me gustou moito. Non foi aburrido, nin se puxo pesado como outros libros que se centran máis na Guerra e deixan as historias de amor en segundo plano.
Supoño que non serei a única das súas lectoras que lle din isto, pero principalmente escríbolle para pedirlle que por favor lle faga unha segunda parte a Resistencia. Eu e outras tantas alumnas de 4º de ESO gustaríanos moito que o fixese.
Sabemos máis ou menos como é o final, pero aínda así, temos esa dúbida de se vai para o Pinhal do Rei ou para Brasil.A poder ser, gustaríanos que o reencontro entre Filipa e Dinís fose bonito e apaixonante.
Moitas grazas por prestarme un anaco do seu tempo.
Lucía Ordóñez Iglesias.

    A obra titulase O sangue dos Cortiña e foi escrita por Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955). 
    A obra pertence ao xénero literario narrativo. Divídese en tres partes comezando pola introdución, onde comeza  a invasión napoleónico as Terras do Ribeiro. Despois no nó o pobo é desvalixado a causa da guerra e as mulleres maltratadas. Un dos que estivo a guerra foi Pedro Cortiña. E finalmente no desenlace moitos Habitantes morren a causa da guerra.
    Nun breve resumo o libro trata sobre como o exército napoleónico invade as Terras do Ribeiro. Conta como desvalixan o pobo roubando e rompendo todo canto encontran.
    O tema principal é a guerra. 
    A obra está narrada en terceira persoa por un narrador alleo á historia.
O protagonista é Pedro Cortiña, un home de prestixio que posuía un gran almacén no pobo. Tamén están a súa muller é a súa única filla. Fora da familia está o pobo e máis o exército.
    O espazo onde se desembolven os feitos son as Terras do Ribeiro. Os feitos transcorren na época da guerra.
    Para finaliza na miña opinión estas obras que relatan feitos históricos non me gustan moito porque fánseme moi pesadas. Aínda menos mas que o libro é curto, porque senón custaríame moito lela e faríaseme moi pesada.
    Esta obra, na miña opinión, relata moi ben o ocorrido na invasión de Galicia polo exército napoleónico.

39 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.