Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

1 AS ALMAS DO FENTAL

Director: David Vázquez
Intérpretes: Fernando Morán

Xosé é un señor maior que vive no Fental, unha aldea do interior de Galicia que está a piques de quedar baleira. A historia trata sobre un dobre abandono, o que afecta ao rural galego por un lado e, polo outro, o que sofren os nosos maiores.

#1 O CERCO

Director: Martiño Vázquez
Intérpretes: Martiño Vázquez

No medio dun clima de belicismo sen lindes, aínda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura aínda: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero… cara a onde?

 

 

 

 

#1 INSTALACIÓN

Director: José Díaz
Intérpretes:Mónica García, Tomás LIjo, Cesar Cambeiro

O concelleiro de Cultura está farto de tanta exposición de arte contemporánea que non entende ninguén. Para sacar o museo á boia necesitan algo espectacular que impresione aos de Bruxelas. Nada máis vangardista que unha boa ‘instalación".

Esta actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL (http://www.coordinadoraendl.org).

 

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2011

QUEN PODE PARTICIPAR?
- Todo o alumnado do IES Félix Muriel
- O profesorado (profes, animádevos!)
- O persoal de servizos

TEMA
Os participantes deberán escribir unha carta de amor, en prosa ou en verso.
Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa do IES Félix Muriel (gústache ese rapaz tan guapo de 2º de Bacharelato, tes un amor secreto en 3ºESO, mólache o conserxe, un profe ou a secretaria?) ou a calquera outro destinatario (a Shakira, a Beyoncé, a Rafa Nadal, a Obama, a Castelao…).
O estilo e contido da carta quedan á elección do/da concursante: poden ser doces e románticas, pero tamén cómicas, irónicas ou satíricas. Tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.

LINGUA E EXTENSIÓN
As cartas deberán estar escritas en galego.
A extensión da carta é libre (prégase non superen as 4000 páxinas).

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Os sobres botaranse á caixa para a recollida de cartas de amor que se colocará na zona de conserxería. O prazo límite de entrega será ata o XOVES 10 DE FEBREIRO.

PRESENTACIÓN
- As cartas asinaranse cun pseudónimo (non co verdadeiro nome!).
- Entregaranse nun sobre pechado. Na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, Amante bandido).
- Dentro do sobre grande introducirase tamén outro sobre máis pequeno (plica), no que figurará, por fóra, o pseudónimo do concursante e dentro os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.

XURADO E FALLO DO CONCURSO
O xurado estará composto por profesores e por alumnos pertencentes ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel.

PREMIOS
- 1º premio: un lote romántico que determinará o xurado.
- Un pequeno agasallo para todos os participantes.

QUERES QUE O TEU ‘AMOR’ RECIBA A CARTA?
- Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.
- Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
“Carta para entregar + nome e clase do destinatario”.
- A entrega de cartas de amor realizarase o LUNS 14 DE FEBREIRO, no 1º RECREO (no local de Normalización)

FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
Participaches e queres recibir o teu agasallo?
Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso?
Ven á entrega de premios o VENRES 18 DE FEBREIRO no 2º RECREO no local do EDLG.

(Para dúbidas con respecto ao concurso, pasa polo local do EDNL)

 

Que é o comercio xusto?
O comercio xusto é una forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gubernamentais, pola Organización das Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (como o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores. O comercio xusto tamén se pode describir como un capitalismo compasivo. Os principios que defende o comercio xusto son:
.
  • Rexeitamento á explotación infantil.
  • Igualdade entre homes e mulleres.
  • Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
  • O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
  • Coidar do medio.
  • Búscase a maneira de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
  • Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.

Antecedentes
A filosofía do Comercio Xusto é mellor que a axuda dos países centrais aos países en vías de desenvolvemento, consiste no establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas, e promove o crecemento sostible das nacións e dos individuos. Máis que polas entidades oficiais ou estatais, o Comercio Xusto é impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo. Aquí as chamadas “Tendas do Terceiro” cumpren un rol decisivo, a través de voluntarios que nas súas horas libres apoian a venda de produtos como Café de Colombia, Ron de Cuba, Mel de Chiapas, Quinua de Bolivia e Perú, etc.

54 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.