Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios

Enlaces interesantes a medios de comunicación

Artigos nesta sección:

O 8 de marzo celébrase todos os anos o Día Internacional da Muller. Isto é así porque, nese mesmo día, hai máis de cen anos, moitas mulleres foron asasinadas mentres loitaban polos seus dereitos. Con todo, hai determinadas mulleres que loitan por un feminismo “dunhas poucas”.

O feminismo é o movemento que pretende conseguir os mesmos dereitos que teñen os homes, para as mulleres. Isto é, non o contrario de machismo, senón unha forma de buscar a igualdade. Polo contrario, o feminismo burgués, buscaba os dereitos desas mulleres con cartos, as que podían estudar, pagar un aborto, etc. Quen pensa nesas mulleres máis pobres? Non merecen os mesmos dereitos que as ricas?

O Sábado 29 de Febreiro desenvolveuse no auditorio de Rianxo o IV Certame audiovisual de curtas “Alberto Romero”. Leváronse a cabo entregas de premios, actuacións musicais, e proxeccións das curtas premiadas.

Este certame naceu como unha iniciativa da ANPA dun instituto de Ribeira no ano 2016, para homenaxear ao traballo e dedicación social de Alberto Romero. Nel participaron asociacións e os institutos de Ribeira, Pobra, Boiro, e Rianxo.

O Sábado día 22 de febreiro celebrouse unha sesión de contacontos, chamada “A mina contamina”, na Biblioteca Municipal de Rianxo. Consistía en informar ao público sobre os graves problemas ambientais e sociais que as minas están causando en Galiza.

Numerosos ecoloxistas e traballadores afectados pola contaminación das minas, están loitando contra empresas de moito poder apoiadas polos gobernos. Estas empresas estranxeiras, que sacaron os minerais do fondo das nosas terras, deberían de restaurar ese desastre que causaron e levar a cabo un labor para eliminar a contaminación das augas antes de que estas foran cara ao mar pasando polos ríos. Estamos a falar dun problema que non só afecta ás terras, senón tamén aos animais e ás persoas.

Mentres isto está acontecendo os gobernos desenténdense, xa que se lles debería de esixir ás empresas mineiras que cumpran coas súas obrigas. Ademais o goberno despreocúpase de que as leis que protexen a natureza e a vida dos humanos se cumpran.  A única solución deste problema é informar á xente da verdade, a través de charlas, contacontos, manifestacións, presentacións, entre outras actividades.

Resultado de imaxes para: reintegracionismoNo momento no cal o galego se converteu nunha lingua oficial, existían dous modelos normativos: o oficialista e o reintegracionista. O primeiro supón que o galego é unha lingua sen dependencia algunha e que está desvinculado do portugúes, motivo polo que adóptase unha ortografía herdada do castelán. Por outra banda, o modelo reintegracionista entende todo o contrario defendendo a aproximación ortográfica ao portugués, considerando que ambos os dous idiomas seguen formando parte dun único sistema lingüístico.

Que o galego está perdendo día a día máis falantes, non é unha novidade, e tampouco é nova a necesidade de ideas para recuperalos. Na actualidade estanse desenvolvendo numerosos plans de normalización lingüística para integrar o galego na sociedade e favorecer o seu uso, pero os numerosos prexuízo fan que o galego estea vivindo unha situación de substitición lingüística debido á diglosia, ao ser considerado polos propios falantes unha lingua secundaria.

amorroTemos unha idea errónea da parella. Cremos que os homes teñen que ser protectores e as mulleres submisas, que os ciumes son normais, que debemos formar unha parella heterosexual ou que as mulleres teñen que querer ter fillos, entre moitos outros estereotipos de relación perfecta que se nos impoñen dende pequenas.

Para comezar, ás mulleres non teñen que gustarnos os rapaces. Parece que dende pequenas se nos obriga a medrar, casar e ter fillos. Ademais, exponse dende as películas e dende a vida en xeral un modelo de parella tóxico. Esas parellas sen liberdade, con ciumes, un home controlador que manda sobre a muller, que parece que ten que protexela, como se as mulleres non soubésemos coidarnos soas. Medramos vendo películas que seguen todas un mesmo padrón, unha muller que ten que ser salvada polo seu namorado. Debemos aprender que nin temos que ser salvadas por ninguén nin necesitamos compartir a nosa vida con outra persoa se non queremos.

Por outro lado, as parellas non teñen porque ser heterosexuais. A diversidade sexual é un feito e parece que a veces se esquecen de ensinarnos que non é só un o camiño que podemos escoller. Non se ven películas de rapaces onde en vez dunha princesa e un príncipe haxa dous príncipes ou dúas princesas. Isto sucede porque, por un lado, hai xente que opina que os rapaces son demasiado novos como para aprender iso, como se non fose algo real e algo que deben saber que existe. Polo outro lado, opinan que é hipersexualizar, o que resulta estraño debido a que si que permiten que iso se faga cunha parella heterosexual. Un exemplo disto é a película Frozen, na que, supostamente, a protagonista ía ser lesbiana, pero despois das queixas de pais (que dicían que non lles ían deixar aos seus fillos e fillas ver esa película), decidiron non especificar a súa orientación sexual.

Resultado de imaxes para: mola ser galego gadisOs spots realizados pola compañía de supermercados Gadis nos últimos anos nas datas próximas ao Nadal supoñen un achegamento a outras campañas publicitarias de moito éxito por parte do público como son a da Lotaría de Nadal. Todas elas, coa intención de que merquemos os seus produtos , apelan á conciencia da xente empregando os estereotipos. Por tanto, considero que a presenza deste tipo de elementos na publicidade de Gadis repercute enormemente na conciencia dos espectadores.

En primeiro lugar, debemos sinalar que se algo caracteriza a unha empresa é o obxectivo de vender os seus produtos nas maiores cantidades posibles. Teoricamente , todos e cada un de nós tras ver este tipo de anuncios deberíamos tomar unha decisión sobre que produtos mercar en función dos nosos intereses. En calquera anuncio comercial que podemos ver no noso televisor , ese concepto rómpese por completo, pero nos promulgados pola compañía Gadis (máis próximos a unha curtametraxe pola súa excesiva extensión) as consecuencias que sofren os espectadores e o condicionamento que implica cara as persoas é moito peor. De verdade queren ser controlados por empresas desta magnitude?

Vídeo gañador do Concurso Ciberespect 2019 na categoría “Fighters”.

Merenda Creativa

138 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 18  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.