As actividades do noso centro
Iniciamos as sesións de cine galego, a petición do alumnado de Literatura Galega XX-XXI. Teremos sesións de sobremesa, tras unhas boas empanadas da nai de Óscar, porque a cultura desfrútase máis co estómago cheo.
Remata o curso e rematamos a homenaxe que levamos meses facéndolle ao autor da Terra Chá cun videopoema que elaborou Sara Tubío Rial de 3º ESO
Hoxe, 10 de xuño, celébrase o Día de Portugal, de Camões e das comunidades portuguesas. Como é “feriado” (festivo) en Portugal, a profesora do Instituto Camões que está no noso centro traballando -Teresina Preto- non acode hoxe, polo que acordamos realizar as actividades programadas para este día, o pasado martes 7. Sacamos moitas fotos nun lugar moi ambientado…
O escritor Xesús Costa Rodil, exprofesor do noso centro, escribiu o seguinte texto para ler o día de hoxe, 4 de xuño de 2016, na celebración do 25 aniversario do noso IES. Por motivos de saúde, tiveron de darlle lectura dúas profesoras do centro que transmitiron todas as ideas que el desexaba que se tratasen no debate que a continuación mantiveron os exdirectores do centro.
Podedes ler o texto completo a seguir, baixo o título “Sociedade, educación e sistema económico: reflexións simples”.
O mes de maio está tendo unha actividade extraordinaria no IES Félix Muriel de Rianxo. Este centro, que non se ocupa só do homenaxeado o Día, nin sequera a Semana, das Letras, senón todo o 2º e 3º trimestre do curso, organiza o Maio das Letras que trascende a homenaxe a Manuel María e que quere destacar a defensa xeral da nosa Lingua. Asentar a radio escolar, realizar unha videoconferencia con alumnado que estuda galego en Londres, mostrar as potencialidades do galego a través da lusofonía ou organizar unha exposición sobre Isaac Díaz Pardo ocuparon boa parte deste Mes das Letras.
Por: Alicia Quintáns (2º ESO-A) Como sempre, partimos do instituto para ir ata A Coruña en autobús acompañados dalgúns profesores, neste caso Paula, Manuel, Esperanza e Paz. Pasamos lista de todos os que iamos e arrancamos repartíndonos en dous autobuses cando comprobamos que estabamos todos os que acordaran ir. Ao chegaren alá, fomos primeiro o […]