As actividades do noso centro
A semana pasada veu ao centro o profesor Xosé Ramón Brea Rei para participar nas Xornadas de memoria histórica. Fixo unha exposición estupenda arredor do bou Eva no que morreron -entre outros- dous rianxeiros moi singulares, os irmáns Insua.
Por Montse Fajardo Pérez
A charla abordou a represión vivida en Galiza tras o golpe de Estado do 36 e nomeadamente, a sufrida polas mulleres nunha zona na que, é fundamental lembrar, non houbo “guerra” senón un brutal xenocidio sobre o bando perdedor: As persoas que morreron a consecuencia do golpe de Estado do 36 na Galiza non o fixeron nun campo de batalla, foron asasinadas.
CHANO PIÑEIRO (Forcarei, 1954 – Vigo, 1995) ESPECIAL CHANO PIÑEIRO (inclúe entrevista de Manuel Rivas ao cineasta) Mamasunción from imeneo on Vimeo.
Veñen de clausurarse as Xornadas “Holocausto e Memoria Histórica” celebradas no IES Felix Muriel do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.
O obxectivo era honrar as vítimas do Holocausto así como calquera tipo de eliminación de pobos, e que o alumnado tome conciencia desta situación de odio contra os “diferentes”, sobre o sufrimento humano tanto no pasado como na actualidade, e construír un futuro onde poidamos vivir con dignidade pero sen esquecer o pasado.
A continuación déixase o programa, que se enlaza con sucesivos artigos que imos publicar con información e documentación das charlas
O pasado 21 de decembro celebrouse, no noso IES, unha xornada adicada a realizar unha xincana para dar a coñecer a música galega. Nesta, organizáronse diversas actividades destinadas a despertar o interese do alumnado pola música propia de Galicia, debido a que moitas veces esta é ignorada á hora de ampliar coñecementos e gustos, chegando […]