Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

Desenvolvemos durante este curso varias actividades  referentes ao mundo da lusofonía. As celebracións máis destacadas, centráronse no aniversario do 25 de abril, o 6 de maio, Día da Lingua Portuguesa cun recital de poemas de escritores e escritoras de tódolos tempos recitados polo alumnado que cursa esta lingua e por profesorado que manifestamente expresa nun acto […]

Londres2

Por Laura Fandiño Doval e Iria Victoria Vidal Figueira.

O mércores pasado, día 7 de xuño,  recibimos no IES  o alumnado do Colexio español en Londres, o Cañada Blanch. Neste centro o alumnado pode cursar a materia de lingua galega e foi o alumnado de secundaria que estuda a nosa lingua o que se achegou ao noso centro para pasar unha xornada de convivencia connosco dentro dos catro días que pasaban en Galicia.

Por Gabriel Figueira e Laureano Figueira O pasado  venres 2 de xuño de 2017,  chegaron ás 11 da mañá un grupo de alumnos e alumnas, xa coñecidos e amigos nosos do “IES Aquis Querquernis de Bande”, aos cales recibimos coa rianxeira interpretada polo alumnado do equipo que toca na banda coa colaboración de Ramón Veiga. […]

Nos pasados días tivemos no noso instituto a visita dos alumnos e alumnas dos colexios de Rianxo que no visita alumnado colesvindeiro curso estarán aquí cursando 1º de ESO.

Na recepción ademais de compoñentes da dirección encargados de darlles a benvida, estiveron presentes ex-alumnos e alumnas dos colexios que na actualidade están a piques de rematar o seu primeiro curso de ESO e que o ano pasado estaban nos colexios do concello.

Por Ricardo Mosquera (3º ESO)

IMG_20170505_120922IMG_20170505_134511O pasado venres día 5 de Maio, parte do alumnado que colaboramos en Normalización, fixemos un intercambio co alumnado do Equipo do IES Aquis Querquernis de Bande.

Á chegada recibironos no seu local de traballo, no instituto. Un rapaz e unha rapaza, gañadores dun concurso de relatos a nivel galego, interpretáronnos os textos cos que gañaron.  Logo mesturámonos nos autobuses para irnos coñecendo.

Visitamos os lugares máis rechamantes dos arredores coma o Concello de Lobios; o campamento romano e a  Igrexa visigótica de Santa Comba.

       
P1060292O pasado venres 19 de maio, o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo recibiu a 52 alumnos e alumnas, estudantes de secundaria no Agrupamento de Escolas Afonso Sanches da localidade lusa de Vila do Conde.
O intercambio realizouse entre o alumnado que estuda portugués no IES rianxeiro e o alumnado que estuda español na escola portuguesa.

olimpiada matematicaPor Marco Bravo (2º ESO)

O pasado xoves 27 de abril, dous alumnos e dúas alumnas de 2º ESO fomos á facultade de ciencias de educación da Universidade de Santiago de Compostela para participar na fase zonal da Olimpíada matemática. Tiñamos dúas horas para facer cinco problemas de lóxica, aínda que os acabamos á hora e media.

211 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.