Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

video 13Durante a Semana Solidaria no IES tentamos sensibilizar á comunidade educativa sobre o Trastorno de espectro autista (TEA). Nun artigo anterior falamos da exposición sobre o Mundo máxico de Antón, agora deixámosvos o vídeo que estivemos poñendo onte nos corredores: “A viaxe de María”

video 15Seguimos no IES coa Semana Solidaria. Neste vídeo de Cayetana e Celia tentamos sensibilizar a rapazada sobre as enfermidades raras.  Neste caso sobre a heteroplasia ósea progresiva. Animamos á Asociación galega desta enfermidade a facer tamén vídeos en galego.

video 8Un dos obxectivos da Semana Solidaria do IES é sensibilizar sobre a discapacidade. Estes catro vídeos cumpren este obxectivo.

Todos somos todos:  Unha amizade duradeira

AGADEA é unha asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. O fin da asociación é axudar tanto aos enfermos con demencia como aos seus familiares ou coidadores principais. Tamén nos acompañaron na Semana Solidaria. Os obxectivos que persegue son:

Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Soubo da nosa Semana solidaria e enviounos este audio felicitándonos.

Por Marta Figueira, Sabela Loureiro (1º ESO A)

O pasado venres 2 de febreiro, visitounos Marcos Botana, peliqueiro de Castro, no concello de Laza. Explicounos as diversas prendas que visten, o ritual que teñen para poñer o traxe e o procedemento que seguen para completar a súa aprendizaxe. Quedounos moi claro que o de peliqueiro non é un disfraz, é un traxe e Marcos lévao con moito orgullo e respecto.

Todo o alumnado de 1º ESO puidemos ir escoitalo. Para os que non puidestes ir e tendes interese en saber máis sobre este entroido tradicional,  podedes escoitar a entrevista que lles concedeu aos nosos compañeiros (Alex e Raúl) no seguinte video, montado con imaxes e vídeos que el mesmo nos falicitou e outras que atopamos pola rede. Non o perdades!

Por Mónica Iglesias

 Unha mesma viaxe disfrútaseIMG_20170425_062322_724 tres veces: cando soñamos con ela, cando a realizamos e cando a lembramos. Agora que xa comenzou o 2018 aínda seguimos disfrutando das lembrazas da viaxe a Londres do ano pasado. Cada viaxe é única e irrepetible, porque os intres e as persoa así o fan: risas, alegría, verbas e sentimentos irrepetibles. Non conto máis porque  cada un dos meus maravillosos acompañantes nesa aventura estará disfrutando agora mesmo dun deses intres na súa cabeciña… Déixovos algunha foto desa maravillosa viaxe na que tanto disfrutei.

211 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.