Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

O luns 25 de maio realizamos un intercambio cultural  ó I.E.S SANTIAGO BASANTA SILVA(VILALBA).
Saímos as 8.30 do noso instituto, e as 10.30 recibíronnos no salón de actos cunha pequena actuación musical acompañada de diapositivas. Logo fixemos unha pequena visita á biblioteca do centro onde fixeran unha exposición en homenaxe á Terra Chá. Alí un dos profesores foinos explicando en que consistía todo e facendo un resumo da exposición. Por  último vimos unhas táboas pintadas por un pintor de Vilalba, e tivemos a sorte de que nos agasallaran con unha para o noso centro.Sobre as 12 tomamos un aperitivo que nos tiñan preparado na cafetería do centro: tortilla,empanada,un doce e un queixo"San Luís" tipicos de alí.
Visitamos o centro histórico de Vilalba: a igrexa, a Torre dos Andrade… vimos como era por dentro o parador etc. A min persoalmente gustoume moito xa que o parador estaba todo decorado como a época medieval.
Logo fomos ó Carballo de Luxís onde sacamos algunhas fotos e léronse algún poemas en homenaxe á poesía chairega no centenario de Aquilino Iglesia Alvariño, e tamén vimos o río Miño.
Máis tarde, sobre as 3 da tarde xantamos, aínda que por causa do mal tempo non puidemos ir xantar á Fonte Miña, e tivemos que facelo nun polideportivo. Ó rematar fomos ó Pedregal  de Irimia onde vimos o nacemento do río Miño, visitamos en Castro de Rei o museo e os castros ali descobertos, e aquí rematou a viaxe. Foi moi interesante, e pasámolo moi ben,aínda que entre o frio e a chuvia se facía máis pesada e cansa.
Dámoslles as grazas ós nosos compañeiros de Vilalba e un saúdo para todos eles.
 

Serafín Marcos fixo unha actuación que non deixou indiferente a ninguen

O pasado día 25 de maio, efectuouse o intercambio que levabamos tempo organizando co IES de Vilalba.
 
Tras moito percorrido en autobús e de tres longas horas nas que se matou o tempo de calquera xeito, chegamos ao noso destino, un vello instituto no que nos agardaban os alumnos contentos, cun sorriso de orella a orella.
 

Fomos ao salón de actos,onde nos tocaron dúas pezas musicais, moi bonitas e harmoniosas, e nos leron un texto acerca da paisaxe e dos autores que tiñamos en común.

Vicente Feijoo, visitou o noso IES para falarnos dos seus traballos sobre a toponimia de Galicia e a litonimia.

Mateo Romero Ordoñez de 2º de ESO grupo C e Julia Gil Ordoñez de 3º de ESO grupo B, gañadores do concurso de relato oral.

Durante a semana das Letras Galegas elaboramos uns carteis conmemorando o persoeiro homenaxeado das Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro, sobre o que xa estivemos traballando todo este curso.

Estes  carteis foron colgados nos dous edificios. No pavillón grande puxémolos en tódalas portas das clases. Desde 3º ata bacharelato hai carteis nos que aparecen frases destacadas deste persoeiro nas que dá a súa visión sobre a lingua galega

O pasado luns 18 de maio, Celso Fernández Sanmartín mantivo un encontro co alumnado de 1º e 2º de ESO. Varios relatos recollidos da tradición oral galega, provocaron gargalladas nos asistentes a esta sesión

O pasado 3 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato visitamos o I.G.A.F.A. (Instituto Galego de Formación en Acuicultura). A saída estaba organizada polo departamento de Física e Química así que fomos acompañados por Pepa e Mónica.

Á nosa chegada á Illa de Arousa, que é onde está o IGAFA, fomos recibidos por dous profesores dos ciclos medio e superior de acuicultura que actuaron como guías. Ensinánronnos as instalacións do centro e  déronnos a información necesaria sobre os ciclos que eles imparten, incluído o ciclo medio de mergullo a media profundidade. Visitamos os tanques onde crían os peixes, moluscos e crustáceos, ademais do fitoplacton e zooplacton para alimentalos. Tamén nos ensinaron a batea e gaiolas para peixes e crustáceos que teñen no mar para que os alumnos fagan as prácticas, a cámara de presión, material de mergullo e as piscinas onde se practican as inmersións, soldadura baixo a auga … Esta visita levounos máis do previsto polo que non nos deu tempo a facer un percorrido polo contorno como tiñamos pensado, así que despois de visitar a cafetería do centro voltamos para Rianxo.

211 Artigos |   | 1  |   | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.