Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

A charla dada o día nove deste mes con motivo da semana cultural tratou sobre o dereito, explicóusenos diversas cousas sobre as normas ao meu parecer moi interesantes porque é algo que usamos a cotío e nos axuda. A forma de expoñer non estivo nada mal, desta o que máis me gustou foi a presenza de diapositivas, as cales contiñan numerosas fotografías, tamén estivo ben o vocabulario usado, acorde co dos alumnos de 3º de ESO, o cal é un punto ao seu favor porque permite unha maior comprensión e fai que sexa máis levadeira, outro factor importante foi o ton do narrador, sempre constante e moderado coas pausas pertinentes.

O venres, 9 de abril de 2010, ás 12,30h. comezou a charla de Socorro Castro, profesora de Química Inorgánica da Universidade da Coruña que falou de motores de hidróxeno. Explicou como se discurriron os primeiros motores e como foi durante os últimos anos o seu uso experimental. Tamén nos trouxo un coche de xoguete para que vísemos como funcionaba un coche cun motor de hidróxeno.

O día martes 13 as 12:30 acudimos a unha charla que trataba das linguas globais e déunola José Manuel Vez, que é catedrático de Universidade en Lingüística Aplicada e Didáctica das Linguas Estranxeiras.

Comezounos falando de que morren moitas linguas, e estas non se perden porque non se saiba senón porque non se usan, linguas como o galego que conviven con dúas linguas – elefantes como o inglés e o español.
“Cantas máis  linguas falamos, máis humanos nos sentimos.”

En Europa falanse entre 60 e 70 linguas, con tan só 23 oficiais máis as rexionais e as minoritarias, entre elas o galego.

Este martes 13 de abril fomos a unha charla na que había tres representantes da empresa Caramuxo para falarnos da súa iniciativa empresarial.

Despois da crónica polo miúdo que nos fixera Lucía Triñanes sobre a actuación de Tadashi Yamamoto, envíanos agora Elisabet a súa. Xa vedes que tamén lle gustou moito. Temos tamén colgados xa os vídeos con fragmentos da súa actuación… Non perdades a ocasión de velos quen non estivestes alí, que os vídeos son curtiños… están no artigo “Vídeos da actuación de Tadashi Yamamoto.

Tal e como anunciamos, T. Yamamoto estivo o pasado venres 26 de febreiro no noso IES. Quedamos encantados coa súa charla-actuación.

Ademais accedeu a contestarnos unhas preguntas, entrevista da que daremos conta noutro artigo.

Alá fomos coas nosas gaitas e pandeiretas, como xa vos contamos no artigo anterior, pero agora acabamos de ter coñecemento de que os nosos compañeiros do ENDL do IES de Porto do Son, que son uns profesionais da cámara, graváronnos na película que fixeron sobre ese día.

MARIA LOSADA MIGUÉNS 2ºc

O mércores 13 de xaneiro, fomos 2ºC e dúas clases máis de primeiro a ver unha obra en inglés: “Fair play”.

Saímos do I.E.S despois da segunda hora, fomos en autobús a Santiago. No traxecto pasámolo ben aínda que houbo as típicas queixas referentes ao lugar no que nos sentábamos.

Chegamos á alameda e tivemos que camiñar un pouco pola zona vella ata o Teatro Principal. Acomodáronnos en grupos de cinco nos palcos que había arredor do patio de butacas. Pero mentres que chegaban outros colexios e se colocaban no seu sitio pasou polo menos media hora e, por fin comezou o teatro:

 Trataba de un grupo de amigos ( dúas animadoras e dous xogadores de fútbol americano). As rapazas cansas de que o seu equipo non gañase ningún partido retaron aos chicos a intercambiar os papeis.Por tanto a obra contaba o que facían os rapaces para prepararse, cada un na súa nova faceta.

Cando rematou xuntámonos todos á saída e despois duns minutos fomos a coller o autobús para volver. Pero tivemos que esperar bastante para que chegara.

Houbo a quen lle gustou a representación e a quen non pero creo que a todos nos pareceu ben pasar un día distinto cos compañeiros.

203 Artigos |   | 1  |   | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.