Imaxe de cabeceira
O IES rebole

As actividades do noso centro

Artigos nesta sección:

 

EN LEMBRANZAsen horaBN-page-001

 

O 7 de xuño  terá lugar no IES “Félix Muriel” de Rianxo un acto en lembranza de don Xesús Costas, “DonXe”, escolante, escritor e compañeiro. Convidamos a este acto a toda a comunidade educativa que ten compartido con el profesión, intereses e afectos.

Durante a semana do Aitana e Clara25 ao 29 de marzo no noso IES celebrouse a Semana da Diversidade que incluíu moitas actividades que tiñan como obxectivo visibilizar diferentes realidades e pór de manifesto a necesidade da educación pola igualdade, a solidariedade, o respecto e a empatía entre os seres humanos. Nós, como centro educativo buscamos formar persoas, polo que consideramos que esta aprendizaxe debe continuar no tempo e estar presente en todos os nosos proxectos; de aí que desde Normalización ata a Biblioteca, pasando por todos os departamentos didácticos, participasen nestas actividades.
O grupo de traballo de Radio RianxoFala difundiu esta iniciativa nunha entrevista a dúas alumnas do “Ciclo Medio de Atención Sanitaria a Persoas en Situación de Dependencia” que se imparte no noso centro. Xa que logo, foi o alumnado deste Ciclo o máis implicado na organización do programa, xunto con profesorado do centro.
AUDIO ENTREVISTA

O vefamilias diver 1nres vinte seis, un grupo de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato tivemos unha reunión con rapaces e rapazas de primeiro da ESO durante o segundo recreo. Nela, falámoslles sobre as familias, e, concretamente, sobre os distintos tipos das mesmas.

Ao principio, non tiñamos nin idea de como se ía desenvolver a pequena “clase” que lles iamos impartir, pois non sabiamos os seus coñecementos sobre o tema, do mesmo xeito que tampouco coñeciamos se eles e elas sabían o que iamos a tratar, por iso a primeira pregunta que lles formulou a miña compañeira Lía foi se sabían cal era o tema. Algúns deles negaron coa cabeza, mentres que outros berraron ben alto a palabra familias. Unha vez que despexamos esa dúbida, preguntámoslles que era para eles unha familia, e non puidemos ocultar o noso abraio cando mencionaron os distintos tipos da mesma, como pais separados, dous homes cun fillo e incluso un neno chegou a dicir familia monoparental, facendo que nos deramos de conta de que saben máis do que parece. A continuación, unha nena e un neno, saíron ao encerado para debuxar distintos tipos de familias, o que serviu para ilustrar o feito de que normalmente pensamos que os seus coñecementos sobre o tema son nulos, cando, en realidade, saben moito máis e son máis abertos que algún adulto.

  Convidámosvos  a participar na III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo, que se desenvolverá do 28 de setembro ao 7 de outubro. Nesta semana tamén poderedes desfrutar do acto de apertura da exposición  da obra plástica de Luís Noya que contará coa asistencia […]

video 20Podes ver este vídeo sobre como actúan os Cans de Asistencia para Nenos con Autismo.

A Fundación Bocalán colaborou na Semana Solidaria e veu onte venres ao noso IES.

video 5”Son unha nena nun corpo de neno”

Este é un dos vídeos que se proxectaron estes días dentro da Semana Solidaria para sensibilizar cara á transexualidade. No salón de actos, todo o alumnado de 3º ESO, de 11:30h. a 12:30h, puideron escoitar a persoas da asociación Arelas, da que vos podedes informar máis abaixo.  Tamén vos deixamos un vídeo no que as familias de nenos e nenas transexuais piden amparo legal e protección contra o acoso.

video 24“Unha luz diferente”, gañador do I Premio de curtametraxes Discapacine 2011 de Cocemfe

Sigue lendo para informarte sobre AMICOS, Asociación de familias para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, paralise-dano cerebral.

 

A ​asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional​ é unha Entidade de ámbito
comarcal, Sen Ánimo de Lucro e declarada de Utilidade Pública. AMBAR conta cun grupo
social de máis de 1.100 persoas e foi fundada no ano 1982 coa razón social de “Asociación
de Minusválidos da Barbanza”, coa finalidade principal da integración e mellora da calidade de vida das Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) de calquera natureza.

211 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  |   | 27  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.