Imaxe de cabeceira
O IES rebole / ...
Rianxiño viaxa
Artigos nesta sección:

Escollemos varios lugares que nos gustaría visitar en Lisboa. Estes son: O Castelo de Sao Jorge, o elevador de Santa Justa, a Torre de Belén, a Praça do Comercio, o Rossio, o Mosteiro dos Jerónimos e Alfama na que encontraremos as mellores vistas da cidade grazas aos seus miradores. Esperamos que non nos defrauden.

O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Félix Muriel fomos de excursión o pasado mércores 21 de xaneiro ó auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) para asistir a un concerto da Real Filarmonía de Galicia.

Despois de ler o artigo anterior que describe a saída a Santiago que realizou o alumnado de portugués do IES Félix Muriel para asistir a unha clase de portugués, podedes ler agora as súas opinións.


O pasado día 30 de xaneiro, o alumnado de portugués do noso instituto fomos de excursión a Santiago para asistir a unha clase en portugués na Facultade de Filoloxía.

Esta saída xurdiu porque algúns dos profesores de portugués da facultade, que o ano pasado viñeran a darnos unha charla ao noso centro, nos convidaran a visitalos cando quixeramos.

Saímos do instituto as 9.20h a pesar do mal tempo que facía pero as ganas podían con todo xa que tiñamos moito interese en saber como sería esa clase de portugués, se entenderíamos algo, como sería a universidade…

Para aproveitar a mañá, xa que a clase na facultade non comezaba ata as 12, fomos ó Museo do Pobo Galego, alí vimos donde estaban soterrados Rosalía e Castelao.Logo como aínda nos sobraba tempo antes de ir a Facultade o autobús deixounos no auditorio e alí tomamos e comemos algo para facer tempo.
Cando xa quedaba pouco fomos a pé ata a facultade. Recibíronnos no hall, onde nos distribuímos en grupos de dez máis ou menos e -xunto cos profesores de portugués- fixemos unha pequena visita. Fomos ó salón de actos, onde unha das profesoras nos comentou todas as distintas licenciaturas que se podían facer nesa facultade (portugués, galego, alemán, francés, inglés … ). Explicounos tamén de todas as partes das que contaba o edificio, dende a biblioteca, pansado pola cafetería , a  aula de informática ,etc.

Ó sair do salón de actos fomos á biblioteca donde nos separaron en grupos de 12 por mor de non molestar ós alumnos que se dispoñían a estudar. Nada mais entrar puidemos ver estantes cheos de libros e a alumnos ou ben estudando ou ben cada un no seu ordenador. A profesora explicounos que esa biblioteca estaba conectada coa biblioteca do campus de Lugo e que se se che facía falta un libro e estaba en Lugo recibíalo ó día seguinte.

Nada máis saír da biblioteca xa fomos directamente para a clase pasando antes pola aula de informática, a cal vimos dende a porta xa que non nos deixaron entrar .

Ó chegar á clase a profesora que nos acompañou durante todo a visita  presentounos ós distintos profesores que impartían portugués na facultade , e ó rematar coa explicación ,  o profesor Ulises comezou coa clase. El comezou falandonos un pouco del, díxonos que nacera en Brasil, peo era de pais brasileiros e italianos; o que amosa que a cultura brasileira é moi heteroxénea.

 O profesor tratounos como alumnos de todo o ano e deunos unha ficha coa que estaban traballando os matriculados. Lemos un artigo dun xornal brasileiro e a clase desenvolveuse ó redor deste artigo. O profesor pretendía que o comentaramos entre todos. El explicou as palabras que quizais non se entendían e logo fixo preguntas para os alumnos. Todos podiamos participar pero como é lóxico só responderon os alumnos habituais posto que a nós dábanos vergoña.
Ás 13.00 tivemos que marchar. Só saímos nós da aula posto que os alunos da facultade aínda tiñan outra hora máis de clase. Collemos o autobús e voltamos para o instituto.

O día 3 de decembro fomos a Santiago a ver unha obra chama “Broadway Station”.

Ás 8:30 todas as clases de bacharelato collimos o bus para Santiago. Chegamos alí ás 9:40 máis ou menos. Chegamos cedo, así que fomos almorzar a un bar antes de que comezara a obra.

Este ano, o alumnado de Francés de 4º de ESO e aquel de 1º de bacharelato que así o decidira imos ir dar unha volta pola cidade da luz. Estamos todos e todas moi emocionados coa idea de coñecer París, sobre todo tendo en conta que somos un “reducido” grupo de 47 –profesores aparte–. Quen nos verá practicar o noso francés polos Champs Élysées adiante!

A viaxe cultural a París, organizada polo Departamento de Francés, conecta directamente coa programación da materia de Historia Contemporánea de 1º Bacharelato. Concretamente coa unidade didáctica nº 2: “As transformacións políticas: a fin do Antigo Réxime e a Ilustración. As revolucións liberais. Os nacionalismos”. Os contidos conceptuais deste tema son: O Antigo Réxime. A Revolución Francesa e a Europa napoleónica. A Europa da Restauración. As revolucións de 1820, 1830 e 1848.

O pasado martes día 11 de novembro o alumnado de 4º da ESO  2º de bacharelato do I.E.S. Félix Muriel viaxou a Santiago de Compostela ao colexio privado La Salle para ver unha representación teatral sobre a xeración do 27. Había alumnos doutros centros, eramos sobre uns seiscentos rapaces na sala.

34 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.