Imaxe de cabeceira
O IES rebole / ...
Rianxiño viaxa
Artigos nesta sección:

   Sarela Betanzos, alumna do noso IES e redactora desta revista, obtivo unha bolsa da Fundación Barrié para ir cursar este curso 1º de Bacharelato aos Estados Unidos. Acaba de enviarnos a crónica dos seus primeiros meses alá. Non a perdades!

 

Sarela-1

Se algo me apaixonou sempre, e co que soñei desde pequena é viaxar, recorrer o mundo descubrindo a verdadeira realidade de cada país, máis alá do que nos contan nas novas.

E aquí estou, en Sheridan, cumprindo parte do meu soño. Despois de cinco meses como americana, podo dicir que non todo o que nos ensinan nas películas

Hai xa un tempo, o mércores día 20 de novembro os alumnos e alumnas de 4º da ESO que teñen a materia de química  , fixemos unha visita a Galiciencia , en Ourense. Deixámosvos aquí a nosa crónica.

Ola I.E.S Félix Muriel:
Escríbovos dende Korzcyna, na Galicja polaca. Xa levo aquí case un mes e aínda me quedan un montón de cousas por ver e aprender. O tempo está pasando rápido. Vouvos explicar un pouco as cousas que fixen neste mes.
Asistín a un concurso de bombeiros,

 Fomos ao Son en microbús, 21 alumnos e alumnas do ENDL que tiñamos traballado algo nalgún dos vídeos que presentabamos ou noutros que se puideron proxectar. O lugar de encontro era a Casa de cultura.

  

Cando chegamos á casa da cultura, unhas alumnas do instituto de Porto do Son presentaron a actividade que ía ocupar todo ese dia. Faláronnos dos vídeos que ían presentar todos os institutos de Galicia.

Aqui temos o folleto do intercambio. Fai clic na imaxe para velo e unha vez aberto tamén podes descargar o PDF (abaixo á dereita na frecha)

                                 

Nesta imaxe tes enlace co Mirador de A Curota de www.turismoenxebre.com  Ten moitas fotos e ao final in vídeo panorámico e tamén un enlace a Google maps

O primeiro que fixemos foi ir á praia que está detrás do IES:

Cando tivemos que facer grupos para coñecer Cangas:

 

 

Estivemos coñecendo Cangas e había unha capela moi interesante:

 

Coñecendo o porto de Cangas:

Este é o Cruceiro Hio, que nos deixou o bus antes de comer para contemplalo:

Estas son as vistas coas que nos deleitaron polo camiño á praia

 

Esta e a capela á que lle tiñamos que mirar a data.

Aquí vemos a caracola con vistas ao mar.

Neste pequeno palco é onde algúns dos nosos compañeiros de Cangas dan concertos co grupo de música.

O pasado luns día 19 realizamos un intercambio co IES de Rodeira en Cangas.

En Cangas fixemos varias actividades todas elas divertidas. Primeiro uns xogos na praia que hai detrás do seu instituto cos cales comezamos a coñecer a os rapaces/as e facer grupos para visitar Cangas. Logo de visitar esa vila tan bonita collemos un autobús para visitar en primeiro lugar o cruceiro de Hio e logo fomos ata Cabo Home no que había unhas grandes vistas das illas Cíes e por último despois de unha camiñata e da comida pasamos unha gran tarde na praia de Melide. Foi unha experiencia moi divertida. Un día especial!

35 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.