Imaxe de cabeceira
Deportes

Actividades deportivas realizadas no centro e artigos sobre o tema

Artigos nesta sección:

   Manolo Senra é un dos pilotos máis carismáticos de Galicia. Cos seus 5 títulos de campión galego ás súas costas, o bravo piloto de Dumbría creou un oco dentro da historia recente do automobilismo galego. Iniciouse no mundo da competición de mans da Escudería Compostela no ano 1984 cun Renault 5 GT Turbo, co que comezou a dar as primeiras pinceladas do que ía ser, a posteriori, un dos maiores ídolos de toda a afección galega.

     Natural de Olveira (Dumbría), onde rexenta un Servizo Oficial Peugeot, colleu unha grande afinidade pola marca do león, competindo nos anos posteriores cun 205 e un 309, facendo as delicias do respectable, para con posterioridade facerse cun 306 Maxi, xa coa súa propia escudería Senra Sport, vehículo que lle proporcionou ou seus maiores logros deportivos.

       Actualmente só participa en rallyes co afán de agradecer o apoio dado pola afección e mais polo pracer da condución deportiva, coa que este home é capaz de dar un dos maiores espectáculos que vin ó longo da miña vida. Dende aquí doulle un cordial saúdo e espero poder volver gozar da súa presenza  nos vindeiros rallyes.

O día 23 de Xaneiro a expedición do Clube de Piragüismo “As Torres” parteu dende Oporto con destino a Paris para participar na Regata Internacional de piragüismo Pas de Calais que se disputou o domingo 25. Esta competición está considerada como a mais dura do calendario invernal, xa que en Francia se citan selecións de Bélxica, Holanda, Gran Bretaña, Bielorrusia e Macedonia, ó igual que os clubes máis relevantes do panorama europeo. Nesa ocasión  citáronse un total de 61 clubes de 16 nacionalidades distintas, e inscribíronse un total de 600 padexeiros.

   A décimo quinta edición do Rallye do Cocido, que se celebrou en Lalín os días 13 e 14 de marzo, contou con varias novidades respecto á edición pasada. Para empezar, o Rallye do Cocido 2009 engadiu un sector máis respecto á edición pasada.

A Escudería Lalín-Deza deu a coñecer anticipadamente os cinco tramos  da edición deste ano, e na que se apreciaron importantes novidades. O coñecido tramo de Rodeiro desapareceu, e os pilotos tiveron que afrontar unha nova especial bautizada como Monte do Faro que  pasou a ser o primeiro tramo da mañá, cunha lonxitude de 11,7 kilómetros. Seguindo coas novidades, Lalín-Deza apostou por dar descanso ó tramo de Ponteamoas, e introducir outro novo trazado, o de O Couto, cunha lonxitude de 15,9 quilómetros.

   Respecto á edición do 2007 o Rallye do Cocido 2009 recuperou o trazado de Doade, aínda que con cambios , 6 novos quilómetros que pecharon a xornada matutina.

 

    Pola tarde a pericia dos participantes foi posta á proba no  novo tramo de Carmoega, que arrincou cunha aguda baixada de 11,7 qiilómetros. De terras agolenses, os pilotos dirixíronse de novo a Lalín para recorrer un dos tramos míticos do Cocido, o sector de Saborida, con 12,5 quilómetros, que destaca por ser un treito rápido e técnico.

 

    Os pilotos que participaron no Rallye do Cocido, segunda proba del Campionato Galego, estaban obrigados a dar dúas pasadas a cada un dos cinco tramos. A primeira pasada ó trazado inaugural (monte do faro) estába previsto  para as 8.58  hs a mañá e a segunda ás 12:09 hs as pasadas polo seguinte tramo (O Couto)  ás 9:51 hs e a segunda ás 13:02 hs descanso para comer. O seguinte (o de Doade) ás 13:40 hs e ás 17:51 hs, a continuación parada por Carmoega ás 16:48 hs e ás 20:07 hs. E xa por último, a Saborida  ás 18:14  hs e  a pasada final que foi ás 21.10 horas. Para rematar, fíxose a entrega de trofeos ós gañadores.

 

Os 10 primeiros clasificados foron os seguintes:

  1. Jose Miguel Martínez – Manuel Campos / Peugeot 396 Kit Car

  2. Fernando Rico – Sergio Martínez / Mitsubishi Evo8

  3. Alberto Meira – Alvaro Bañobre / Mitsubishi Evo9

  4. Jonathan Pérez – Enrique Velasco / Renault Clio R3

  5. Manuel Filloy – José Benjamín Murado / Mitsubishi Evo6

  6. David Grandal – Javier Varela / Citroen C2 GT

  7. Adrián Díaz – Cesar Díaz / Peugeot 206 XS

  8. Emilio Figueiras – Victor Blanco / Peugeto 206 XS

  9. Alejando Bermúdez – Miguel Ángel Pérez / Mitsubishi Evo8

  10. Celestino Iglesias – Jorge Iglesias / Citroen Saxo VTS


 

Na seguinte táboa amósanse os puntos acadados ó longo do campionato. Cada partido gañado equivale a un punto. Aqueles equipos que ó longo do campionato acadaran maior puntuación (1-2-3 pts) son os que continuarán xogando para clasificarse nas finais. Os que teñan 0 puntos están eliminados.

A moitos deportistas do país gustaríalle reivindicar o uso do galego no mundo do deporte. Precisamente isto é o que se quere conseguir co ‘Manifesto polo deporte galego en galego’,  iniciativa impulsada pola Vicerreitoría de Cultura da USC e a Fundación AZKAR.

Na noite do martes pasado (3 de febreiro) celebrouse unha reunión no Colexio de Fonseca na que estiveron presentes, entre outros, o vicerreitor de Cultura da USC, o xerente da Fundación AZKAR,  a directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia , o xefe de Deportes da Radio Galega,  e a ciclista Eva Castro, onde presentaron o Foro do Deporte Galego en Galego, que arrinca co compromiso de que “a nosa lingua común sexa a nosa forma habitual de expresión, o galego que nos une”.

  Carlos Sainz viuse novamente obrigado a abandonar un rallye. Desta vez foi o DAKAR sudamericano, tras un desafortunado accidente provocado pola mala indicación da organización do certame, que non lles avisou da situación dun río seco nas normas que lles dan a todos os participantes. El non foi o único que tropezou co antedito río. Os seus perseguidores tamén estiveron a punto de caer, pero grazas á deportividade de Carlos, que os avisou , non houbo máis incidentes graves. A raíz deste abandono España quedou case sen representación neste rallye na categoría de coches, xa que só participaban dous pilotos españois, Sainz e mais Isidre.
   Esta non é  a única vez que Carlos se ve obrigado a abandonar un rallye. Hai uns anos, por poñer un exemplo, a tan só uns metros da meta paróuselle o coche que pilotaba por una avaría mecánica (desta historia sae a frase: “Trata de arrancarlo Carlos. Por Dios”). Como consecuencia esta vez tamén se perderon perder todas posibilidades de gañar o rallye. Uns din que é mala sorte; outros, infortunio. Pero a maioría pensa que lle botaron un meigallo!

O seu nome é Lisardo Abelleira. Pertence ao equipo de rallye abe sport no que comparte protagonismo co seu irmán Ángel. Ata esta tempada (empeza no mes de marzo) pilotaba como só el sabe facer o seu Peugeot 205 (foto ao final) pero a partir de agora non será así, xa que cambia de coche . O próximo mes de febreiro celebrarase a presentación do novo coche, á que por suposto estades convidados, se queredes saber cal é antes de que empece a tempada no mes de marzo co “rallye do cocido”. Tamén grazas a uns amigos de Taragoña participara no autocross cun AX.

47 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.