Actividades deportivas realizadas no centro e artigos sobre o tema
Por Diana Ramos
Rianxo, na categoría de infantil masculino, leva a medalla de ouro
Nas finais do LXXIII Campionato de España de Bateis, que se celebrou o 1 de maio nas augas de Teis en Vigo, puidose comprobar o excelente nivel dos equipos participantes de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi e como as prazas no podio resultaron moi complicadas de acadar.
Por Arancha Rodríguez e Lorena Gómez (2º ESO B)
O domingo 22 de maio do 2016 no artigo “Deixándose a pel e ata o corazón na auga” no xornal La Voz de Galicia, presentaban ao boirense Rubén Fernández; que, xunto a tres compañeiros, gañou o terceiro posto no campionato do mundo de piragüismo.
Empezou xogando ao fútbol cos cadetes do C.D. Boiro, pero cansou dese deporte e dicidiu seguir o consello de seu primo uníndose ao Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro de Escarabote. Isto foi no verán de 2013.
Por Arantxa Rodríguez Fernández Os pasados 9 e 10 de maio disputouse a Copa de España cadete 1000 m. no lugar de Asturias-Trasona, igual que o Control Infantil de 3600 m. O náutico de Boiro-Piragüismo Rías Baixas asistiu con 18 membros da entidade, 7 infantís e 12 palistas cadetes. O día 8 de […]
O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO veñen de realizar neste mes de maio unhas sesións de Zumba. Esta actividade foi organizada pola empresa AQUAFIT de Rianxo, xunto co departamento de Edución Física do IES. As monitoras que levaron a cabo a actividade foron Carmen e Anael. O alumnado pronto se involucrou na […]
Por Miguel Cortés Cambeses — 1ºBacharelato A
Ana Peleteiro naceu en Riveira, o 22 de decembro de 1995. Mide 1,72 m e pesa tan só 52 kg. -Esta deportista galega compite na especialidade de triple salto de lonxitude que é a especialidade na que mais destaca, pero non é na única na que participa, xa que tamén realiza os 100 e 60 metros lisos, salto de lonxitude simple …-
por Noelia Martínez Figueira 1ºBacharelato A
Mireia Belmonte García naceu en Badalona, Barcelona, o 10 de novembro de 1990. É unha nadadora española, campeona mundial, europea e dobre subcampeona olímpica, que compite nas categorías de estilos, mariposa e libre. Participou en dous Xogos Olímpicos, nos de Pekín 2008 onde competiu con 17 anos, e nos Xogos Olímpicos de Londres do 2012, onde gañou dúas medallas de prata.
Fabián Domínguez Abuín (03/06/1996), alumno do noso IES, e Adrián Castiñeiras Troáns (06/04/1996), pertencen ao Club Náutico Pontecesures e participaron nunha proba de maratón Xuvenil de segundo ano, no marco do Campionato de España de maratón de, onde acadaron o 1º posto…