Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:

Non acostumo escribir sobre o tema que quero tratar hoxe, mais creo que coa miña idade pórme seria de vez en cando non me ben nada mal, nin a min nin a todos aqueles que me len, sobre todo ós que desexan que chegue este día da semana no que publico algo.

DiaArtesM.Mallo (3)    Dentro do que entendemos no noso ENDL como normalización cultural entra a difusión dos autores e autoras dedicados ás artes.  Hoxe,  1 de abril é o Día das artes galegas, este ano dedicado a Maruxa Mallo.  Para que a comunidade educativa se achegue un pouquiño á escritora realizamos unha exposición que vai estar nos corredores do centro durante a próxima semana e que  vos deixamos no seguinte artigo.

Por David Galbán

A tranquilidade é un termo moi relativo. Unha persoa pode entender que está tranquila por non ter nada que facer, estar sentado/a facendo unha tarefa relaxante. Outras, pola súa parte, poden estar perfectamente tranquilas de festa con amigos polo simple feito de non ter preocupación ningunha na cabeza. Por isto, o ideal de vida tamén é propio de cada persoa, atendendo ó tópico de que non hai dúas persoas iguais. En moitos casos, sobre todo cando existe a posibilidade de elixir, créase unha relación entre o traballo ideal e o tipo de tranquilidade que alguén busca.

IMG_20170214_133151Recentemente tivemos a fortuna de ser visitados por Carlos Negro, un afamado escritor da chamada Xeración 90 da poesía galega e columnista habitual da prensa dixital. El, pola contra, prefire dicir que forma parte “da xeración Heidi, que medrou con Mazinguer Zeta e os bocadillos de pan con chocolate á hora da merenda”.

Por David Galbán (2º Bac. A)

IMG_20170214_133112Para a maioría da poboación, a poesía é concibida soamente como algo que nunha época tivo que ser estudada. Tristemente isto é algo moi xeneralizado, e moitas veces este feito provoca unha visión negativa sobre ela, converténdoa en algo elitista, inalcanzable para os non versados (nunca mellor dito), se ben é certo que algúns autores é o que buscaron. Fai hoxe unha semana que viu visitarnos unha persoa que buscou (e creo que en moitos casos conseguiu) abrirnos un pouco os ollos.

dia de rosalia2017Desde o pasado luns 20 de febreiro ata o vindeiro venres 24 vanse suceder unha serie de actividades no noso IES como homenaxe a Rosalía

A primeira chamámoslle “Consumiciós con versos”. Coa colaboración da cafetaría estanse a distribuír un lote de poemas da autora con cada consumición que se pida. A selección, feita polo poeta Carlos Negro, foi impresa en pequenas cartolinas que se entregan tanto cos cafés como cos bocadillos ou calquera outra consumición. Tamén se está mostrando a seguinte presentación desde onte na televisión da cafetaría.

Por Fátima Ordóñez (2º Bac. A)

IMG-20170107-WA0014A importancia da figura de Castelao na literatura e na cultura galega é inmensa. Proba disto foi a gran conmemoración do 66 cabodano da súa morte que tivo lugar no Panteón de Galegos Ilustres, xusto diante do sepulcro do propio rianxeiro, organizada pola Fundación Castelao o pasado 7 de xaneiro.
O alumnado do ENDL do IES de Rianxo foi convidado a asistir ao acto e participar na lectura de varios fragmentos do seu famoso discurso “Alba de Gloria”. Este era pronunciado o 25 de xullo de 1948 (dous anos antes da súa morte) dende Bos Aires. O inicio do discurso constitúe un dos textos máis emocionantes escritos dende o exilio galego. Cos miles de quilómetros de separación da súa propia terra, Castelao naquel día da festa nacional sente e evoca a terra da que se exiliou despois do golpe militar.

347 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 44  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.