Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:

Lectura de Susana

Susana logrou o primeiro premio da súa categoría.

Parabéns!

Tremede de medo co seu relato …

Microrrelato de Susana

Jade e Ana

Hai alguén no armario

Escóitase gritar a unha nena chamando pola súa nai, esta entra e pregunta que pasa; ela responde que hai algo no armario. Achegouse a este e viu unha luz que se apagaba; abriu a porta e estaba todo escuro, non se apreciaba o que había dentro, sentiu que a metían dentro a forza. A  nena impulsivamente foina buscar e de súpeto lle saltou o sangue da nai á cara.

Ana e Xade 2º ESO

Lectura de micrrorrelato de Iria

“Outra noite de tormenta erguíase sobre o pobo. Odiábaas. Espertou de golpe ante un lóstrego fugaz, asustada. Sentiu unha cálida man rodear a súa cintura e darlle apoio. “Cariño, só é unha tormenta”, oíu murmurar. Volveu a pechar os ollos… Ata que recordou que vivía soa.”

Iria Victoria Vidal Figueira, de 3º ESO B.

 Lectura do microrrelato de Iria Victoria

 

Parabéns!

Lectura de Celia

Só faltaba unha hora. Estaba a punto de acontecer. Non podía aguantar a espera. Suicideime. Cando a morte chegou atopou o meu corpo inerte pendurado dunha corda. Maldíxose por tardar tanto, a súa vinganza non podería ser executada

Celia Arcos Resúa (2º ESO)

Lectura microrrelato Celia

 

Parabéns!

 

morcego para SamaínCon motivo do Samaín, Bibliomuriel e Normalización organizan un concurso de microrrelatos de medo que, emulando a Twiter, non poderán pasar dos 280 caracteres.

DESCARGA AQUÍ O PDF: Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19 

 

Se vistes os traballos anteriores, ides notar como os alumnos e alumnas de 1º ESO avanzaron na súa aprendizaxe. Fixádevos en como están tomadas as imaxes, o interese das entrevistas… Verdadeiramente un traballo excelente para ser a súa primeira achega, que saíu adiante grazas ao obradoiro e a axuda da profesional Cristina de la Torre.

Coma nos artigos anteriores, podedes ver cada un dos vídeos por separado pinchando nas imaxes que tendes abaixo, ou ben todos xuntos aquí  aquí neste ENLACE de RianxoFala.

Pedimos desculpas a todas as persoas que accederon a responder ás entrevistas porque non se anotaron os nomes e non se poden poñer nos créditos, mais agradecémoslles a súa colaboración. O que si deixamos son os nomes de todo o alumnado participante nesta serie de vídeos:

Adrián Alcalde, Mateo Alonso, Celia Arcos, Marta Domínguez, Raúl Fernández, Marta Figueira, Aarón Losada, Sabela Loureiro, Alejandro Mariño, Enma Ordóñez, Sandra Ordóñez, Mauro Riveiro, Izan Rodríguez, Daniela Rodríguez, Borja Rubio, Isabel Saborido, Fiorella Sajami e Daniel Túñez.

Tal e como anunciamos no artigo anterior, o alumnado de 1º ESO, continuou a súa formación arredor do audiovisual nun traballo por grupos realizado nas diferentes parroquias. Podedes ver o resultado de  cada unha das breves curtas, pinchando na imaxe que escollades ou védelas todas  xuntas en bucle neste ENLACE DE VER Parroquias:

380 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 48  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.