Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:

A COMETA
 
 
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
 
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
más ergueitas da fraga.
 
Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.
 
Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra.
 
    

Aquí vos deixamos un poema de Curros Enríquez, esperamos que vos guste!!!!

O Porquiño TRAVO

Ola son o principiño veño falarvos sobre un año, unha serpe, un cabalo, un castor mais un porco, preguntaredesvos, porco? pois si porcos, escoitade:

Hai millons de anos aproximadamente uns 20 millons eu ainda non nacera, había un porco chamado Travo. Xa sei, é un nome moi raro pero se chamaba así, que lle imos facer. 

Poema de amor gañador do 2º premio do Concurso de cartas de amor convocado polo IES Félix Muriel

O poema pertence á obra Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor da posguerra. Recomendamos a súa lectura.

Recollemos un par de poemas de Celso Emilio e poñemos o enlace ao blog “Son de poetas” para que os poidades escoitar musicados.

Trátase de Moraima e mais Longa noite de pedra

No ENDL comezamos a traballar xa na homenaxe a Uxío Novoneyra. Cada pouco ímosvos ir dando a coñecer un dos seus poemas.

Acaba de chegar á nosa redacción a noticia de que a poetisa galega Yolanda Castaño, de 32 anos, recibiu o premio Ojo Crítico de Poesía o pasado xoves 19 de novembro de 2009.

O xurado formado por sete membros que se moven polo mundo da literatura entregáronlle o dito galardón á vangardista da nosa terra pola súa obra “Profundidad de campo”.

O ano pasado tivémola connosco para que nos dera unha conferencia sobre a súa obra, vivencias, experiencia profesional e literaria…

Podedes encontrar máis información sobre ela e a súa visita ao noso IES na revista Bico da Ría.

380 Artigos |   | 1  |   | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 46  | 47  | 48  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.