Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:

O poema pertence á obra Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor da posguerra. Recomendamos a súa lectura.

Recollemos un par de poemas de Celso Emilio e poñemos o enlace ao blog “Son de poetas” para que os poidades escoitar musicados.

Trátase de Moraima e mais Longa noite de pedra

No ENDL comezamos a traballar xa na homenaxe a Uxío Novoneyra. Cada pouco ímosvos ir dando a coñecer un dos seus poemas.

Acaba de chegar á nosa redacción a noticia de que a poetisa galega Yolanda Castaño, de 32 anos, recibiu o premio Ojo Crítico de Poesía o pasado xoves 19 de novembro de 2009.

O xurado formado por sete membros que se moven polo mundo da literatura entregáronlle o dito galardón á vangardista da nosa terra pola súa obra “Profundidad de campo”.

O ano pasado tivémola connosco para que nos dera unha conferencia sobre a súa obra, vivencias, experiencia profesional e literaria…

Podedes encontrar máis información sobre ela e a súa visita ao noso IES na revista Bico da Ría.

O noso compañeiro Alfonso Martínez, profesor de plástica do IES e colaborador co ENDL, é un gran artista. Este murciano, co que temos a honra de contar no IES Félix Muriel, pinta desde hai moito tempo pero ultimamente tamén se dedica á banda deseñada. Está a punto de sacar unha publicación toda feita de cómic, pero mentres non sae, deixounos aquí unha mostra do seu bo facer. O guión é dun amigo seu que se baseou nun relato que fixera cando estaba no instituto. Alfonso preparou os deseños e o resultado é o que vedes.

Estade pendentes porque cando saque a súa obra de banda deseñada ímolo publicar aquí.

O pasado 30 de abril estivo no noso IES Yolanda Castaño. Antes da súa charla co alumnado, dúas alumnas entrevistaron á escritora facéndolle unha serie de preguntas nas que a poetisa manifesta o seu punto de vista sobre diferentes e variados aspectos da súa traxectoria profesional.

360 Artigos |   | 1  |   | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.