Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:

Diario da luz e a sombraA escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou

Este poema “Cantiga” acaba de ser musicado polo grupo Fuxan os ventos  baixo o nome de “Lúa de prata”. O grupo fai así a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

Mar adiante (Historias de nenos para nenos). Sada: Ediciós do Castro, 1973.

Mar adiante (Historias de nenos para nenos). Sada: Ediciós do Castro, 1973.

A súa primeira publicación en galego dentro da literatura xuvenil foi «Mar Adiante», en 1973, cando aínda estabamos na ditadura e non se podía ensinar galego nas escolas.

Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos». E a partir de aí deixounos unha rica produción literaria para o público infanto-xuvenil, a quen consideraba sempre moi intelixente e polo que sentía un grande respecto. Mirade todos os títulos:

Eu conto, ti cantasEste libro, protagonizado por animais, é unha mostra máis dese mundo propio e recoñecible que María Victoria Moreno soubo crear na súa literatura.
Contén  tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
(Máis información)
A continuación podedes ir vendo información específica de cada un dos contos-poéticos que conforman a última obra que Mª Victoria Moreno publicou en vida.

María Victoria-1

María Victoria Moreno Márquez era filla dun militar e dunha mestra. Naceu na provincia de Cáceres o 1 de maio de 1939, aínda que ela ten dado como data de nacemento o 1941.

Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.

En 1963, con 22 anos, trasladouse a Galicia onde comezou a súa carreira como profesora de Lingua Española. Traballou en institutos de Lugo, Sanxenxo e finalmente Pontevedra, cidade esta onde, en 1968, abriu -xunto con outros intelectuais- a libraría Xuntanza, na que se podían atopar, entre outras, obras prohibidas pola censura, coma as de Castelao.

No eido editorial, foi codirectora de Árbore, a colección infantil de Galaxia, desde o seu inicio. Morreu no ano 2005 en Pontevedra.

A continuación podedes lera a Biografía publicada na páxina da Real Academia Galega  Por: Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey

Temos que agradecerlle a Ricardo Losada na súa presentación do libro de Manuel AntonioRicardo LoManuel-Antonio libro de Ricardo Losadasada que nos concedese unha entrevista para o noso próximo programa de radio na que nos falou do seu novo libro: Manuel Antonio, vida e misterio dun poeta galego.

Debido ao interese das súas declaracións, deixámosvos a entrevista íntegra aquí. Disfrutade dela.

IMG_20180322_111130_446En marzo deste ano 2018 vén de celebrarse o 90 aniversario daIMG_20180319_103529_537 publicación do poemario de Manuel Antonio De Catro a Catro. Follas sen data dun diario de abordo. Con motivo desta data tan sinalada, desde o concello organizaron unhas actividades para conmemorar a publicación desta obra e dar a coñecer a poesía do ilustre escritor rianxeiro. Propuxéronnos participar, xunto co resto dos centros de ensino do concello, tanto na lectura dos poemas de Manuel Antonio o pasado día 23, como a realización de murais e debuxos sobre a temática que ocupan os seus versos. Nós elaboramos no centro un dos murais que se colgaron na casa de Manuel Antonio e tamén colaboramos na escrita dos seus poemas nas rúas da vila. Colaboramos na elaboración de follas para colgar nas árbores das rúas do centro con termos propios dos seus poemas.

IMG_20180322_111342_313IMG_20180322_110938_175IMG_20180322_111141_339

Sin título1Tinta de Amor 1ºBacharelato IES Félix Muriel

 

 

 Sin título2O pergamiño viaxeiro 2ºESO IES Félix Muriel

346 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 44  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.