Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas

Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…

Artigos nesta sección:
  • Adrián Sobradelo 1º BAC

                               

  • Alex Iglesias 3ºB

                             

  •  Elvira Torres 1ºD

                             

  • Iria Alcalde 1ºA 

                             

O venres 23 de marzo, na aula de 3ºC e durante o 2º recreo, faremos a entrega de premios do concurso de cartas de amor.

Aquí tedes o cartel anunciador do evento

VI PREMIO EROTISMO  NARRATIVAS QUENTES
BASES
1. Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita,
sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios
mecanografados a dobre espazo e máxima de 250, que estea
escrita en lingua galega, e que a temática sexa o erotismo.
2. Este premio ten carácter bianual.
3. Os traballos presentaranse por duplicado. Deberanse incluír nun
sobre á parte o nome, enderezo, teléfono e email, e unha fotocopia
do DNI. As obras irán con pseudónimo ou lema.
4. Prazo de presentación: 30 de marzo de 2012
5. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto
premiado. Dito premio pode quedar deserto.

   O pasado 16 de xaneiro visitou o IES Félix Muriel Conchi Regueiro, a escritora da “A herdanza do Marqués”, o libro que lemos todos os alumnos/as de 2º de ESO. Comezou disculpándose do seu estado de voz e a continuación empezou a dar a súa entretida charla. Recalcou que era unha escritora de ficción, pero tamén quixo deixar claro que a ficción ten aspectos imposibles cunha base racional. No libro a parte da ficción, quixo poñer cousas ou obxectos que nos rodean ( cine,centro comercial…).Respecto aos persoaxes contou coa voz subxetiva de Xandra e ca obxetiva de Zoila. Sobre os correos que aparecen no libro, comentou que os puxo para aportar outra opinión dende o punto de vista de Zoila, e así tamén aportaría máis detalles dende outro punto de vista.

Despois contou que o libro fora editado no 2009, pero que no 2007-2008 xa acabara de escribir a historia, só que os trámites eran moi lentos. Despois repitiu varias veces que era moi rápida escribindo os seus libros e novelas só lle levaban un prazo de 3 ou 4 meses. Tamén comentou que lle parecía moi raro o favoritismo dos persoaxes dalgúns lectores. Nun ano visitou un instituto, e a maioría dicía que o seu persoaxe favorito era Lois, porque pode facer ben ou mal, pero que sempre se preocupa dos seus.

Dixo que actualmente estaba escribindo a 2ª parte da “ A herdanza do Marqués”, pero que aínda se atopaba no inicio, pois de momento só leva 7000 palabras, máis ou menos 14 ou 15 follas. Un dato curioso é que ela escribiu un libro en castelán chamado “Cielo mío” e a editorial traduciuno tamén ao inglés. Gañou o premio de literatura, relato e novela. Pero desgraciadamente non gañou o premio da “Meiga Moira” según ela dixo: “Son a eterna finalista de Meiga Moira”.

Logo viñeron as numerosas preguntas:

Aida, unha alumna de 2ºC fixo varias, entre elas estas dúas:

Parecese Vilacardoso a algún lugar dos que ti visitaches?
A verdade é que sí, Vilacardoso parécese moito a unha aldea que se chama Xinxo.

Na 2ª parte cambiarás os persoaxes?
Non, seguirán os mesmos .

Despois preguntou Carlos Bustelo, unha pregunta moi curiosa:
    Se a vostede lle deran como posibilidade facer unha película sobre “A herdanza do Marqués”, que respondería? Si ou non?
Encantaríame que fixeran unha película do meu libro, pero teño que recoñecer que non meterían todos os detalles porque senon sería imposible, a película duraría moito.

Logo, preguntou Nerea de 2ºB:

Na sección “a pie de calle” de “La Voz de Santiago” do día  mércores 30 de novembro (San Andrés) sae esta breve reseña sobro o novo libro que acaba de publicar o noso compañeiro e profesor do IES Félix Muriel de Rianxo Don Xosé Manuel Lobato

 

361 Artigos |   | 1  |   | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  |   | 46  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.