Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Carlos Casares
Artigos nesta sección:

Neste artigo un repaso por toda a narrativa de Carlos Casares. Continúa lendo!

“Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. E se despois iso lle gusta á xente, encantado”, dicía Carlos Casares.  Así comeza a páxina que o secretario da RAG -Henrique Monteagudo- asinou na web da Academia para presentar a biografía que lle dedicou ao persoeiro ao que se lle dedican as Letras Galegas.

Tamén a podedes ver na páxina “http://primaveradasletras.gal/”, onde hai enlaces a moitas outras cuestións de interese sobre o autor.

Outros enlaces a biografías do autor:

Aquí deixamos a biografía que elaborou Henrique Monteagudo para a páxina da RAG

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, fillo de Francisco Casares Dacal e Manuela Mouriño Pérez. Cumpridos apenas os tres anos, a súa familia trasladouse á vila de Xinzo de Limia, onde o seu pai exerceu como mestre e onde transcorreu a súa infancia. Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario ourensán. Alí iniciouse nos estudos eclesiásticos, formándose en Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá nun ambiente fortemente represivo (incluíndo a prohibición estrita de falar galego), que espertará no autor un espírito inconformista. Naquel centro emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito El averno, que difundía clandestinamente.

10 Artigos |   | 1  | 2
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.