Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño
Artigos nesta sección:

Antes de comezar a colgar os nosos traballos, deixamos aquí algunha mostra doutros interesantes feitos en centros de ensino ou fóra deles pero pensados para traballar nos centros:

- Un telexornal realizado no CPI dos Dices (Rois)

- Un vídeo musical que presenta o persoeiro e a obra elaborado por Paco Nogueiras.

- Un documental tamén feito nos Dices con interesantes declaracións de xentes que coñeceron a R.Vidal Bolaño.

Se ides á páxina da Coordinadora Galega de ENDL, poderedes atopar moito material audiovisual, entre os que destaca un vídeo feito no CEIP de Brión e moitos enlaces a entrevistas en programas de radio e televisión, sobre todo no Diario cultural da Radio Galega.

Nesta presentación podédesvos achegar aos datos principais da vida e obra de Bolaño. O debuxo da 2ª diapositiva está feito por Adrián Gómez Roo de 4º ESO B.

O equipo ven de crear esta páxina para recoller nela as producións que en torno á figura de Vidal Bolaño realizarán ao longo do vindeiro mes os alumnos/as do centro.

Empezamos pola primeira creación (un Vuvox) e engadimos un enlace á páxina da que se servirán para obter toda a información que precisen nas súas pesquisas.

40 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.