Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño
Artigos nesta sección:

O pasado xoves 16 de maio non puidemos celebrar de mellor forma o día das Letras Galegas no instituto. Non todo o mundo puido recibir a visita de Roberto Vidal Bolaño, o personaxe homenaxeado este ano, un día antes do 17.

O certo é que foi Serafín Marcos o encargado de repasar a vida e obra do dramaturgo ou, como el mesmo dixo ó final do espectáculo, de deixarlle o seu corpo a Vidal Bolaño para que se comunicase directamente con nós.

A simpatía de Serafín, quen non parou de facernos rir durante toda a actuación, xunto coa interesantísima personalidade e biografía de Roberto, fundíronse nunha mesma persoa.

De xeito entretido, coñecemos os inicios no mundo do espectáculo do autor, a súa loita por entrar na Escola de Cinema de Madrid (que pechou antes de que se cumprise o seu desexo), anécdotas da súa vida….

40 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.