Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)

Espazo para recoller poemas e todas as actividades de homenaxe que se fagan arredor do autor

Artigos nesta sección:

Téndose celebrado o día 31 de Outubro o Samaín e sendo o día 1 o día dos mortos creo que é bo presentar está nova idea normalizadora.

A nosa homenaxe a Celso Emilio conta con varias actividades que xa se están desenvolvendo e unha delas é esta: o recitado conxunto o día 12 do 12 ás 12 do poema “Deitado fronte ao mar”

As profesoras Olga (francés) e Rosa (inglés) leron hoxe cadanseu poema, igual que o fixeron a semana pasada María (francés), Rubén (ciclo), Xabier (Lingua castelá), Ana (grego)… ao lado de alumnas e alumnos do IES. Hoxe participaron algúns de 4º ESO nos dous recreos.

Imos participar no recitado colectivo que organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización

Lingua proletaria do meu pobo

eu fálao porque si, …

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
 
(Longa noite de pedra)

Esta semana comezaron as lecturas na biblioteca. Polo menos 100 persoas da comunidade escolar xa teñen cadanseu poema para leren nos diferentes recreos na biblioteca.

O concello de Rianxo presenta as súas novas acitividades. A inauguración da exposición de Deli Sánchez Alén da paisaxe. Pinturas da terra, Proxección da película “los muertos van deprisa”, Teatro familiar:”Merlín a cargo de Quinquilláns”

58 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.