Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Creación literaria

Creación literaria do alumnado, do profesorado e colaboracións doutros autores en lingua galega.

Artigos nesta sección:

(Por Nerea Grela)

IMG_20160427_121518Nada. Non hai nada mellor que ver como as cousas van como quero que vaian. Non hai nada máis satisfactorio que sentir que son capas de conseghir pouco a pouco todos os retos que me vou propoñendo. Non hai nada máis bo que superar todos eses retos rodeada da xente que máis quero, ver como se aleghran das cousas boas que me pasan da mesma maneira que como se lles pasaran a eles. Non hai nada máis bonito que querer e sentirme querida. Non hai nada que me encha máis que que me dijan “fixen/dixen esto ghrasias a ti, porque me inspiraches”. Non hai nada que me fagha sentir mellor que faser rir á xente cas miñas continuas parvadas e idas de olla. Non hai nada coma min, nin ninguén; son única e aparte de velo eu, vexo como os demais tamén o ven e valoran. Non hai nada que me poida faser sentir mal ou inferior. Non hai nada que poida destruírme. Nada.

Por X. Ricardo Losada

 dicasGústanme as citas, sempre que sexan certeiras e apropiadas, e non entendo por que a moita xente lle parecen un exhibicionismo culturalista. Hai pouco un ex ministro de Cultura comentaba nunha entrevista que os asesores recomendáronlle evitar as citas nos discursos porque daría a impresión de que se cría superior intelectualmente. Non aceptou o consello, e comprobou que os asesores tiñan razón. A xente prefire discursos baleiros e tópicos que non lles disparen os complexos de inferioridade. É triste.

V Premio de Poesía Carme Villaverde O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, comprácese en convocar esta quinta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña. BASES: 1-Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, […]

IMG_20151204_121704Paula Tubío (1º ESO A) foi a gañadora do  premio Arriba Áncoras, dentro da xincana O mar fala en Rianxo. Nesta foto vese o momento no que recibiu o agasallo (vale para a cafetería). Queda abaixo o relato gañador: Capitá con estrela    

CAPITÁ CON ESTRELA

Marta  era unha nena de sete anos, a punto de cumprir os oito, que vivía preto da praia, tiña moitas amizades, pero, a que non sabedes quen eran as súas mellores amigas?: ……as estrelas!

 Hai un dito moi antigo que di, que hai quen “ nace con estrelas” e que hai quen “nace estrelado. Marta nacera con estrelas.

Non sei o que sentiredes vós, os e as lectoras deste artigo, cando escribides.  Xa coñezo que moitos, se puidesen, farían desaparecer todos os utensilios de escritura cantos hai. Iso si, o ordenador, aínda sendo unha importante ferramenta de escritura, ben que o gardaban.palabras

Volvendo ao tema, se queredes a miña opinión, atopo a escritura como unha forma de expresarme e liberarme. Desafogar no papel, deixando que as palabras escorreguen do lapis e que a imaxinación e os pensamentos bulan e escapen da nosa conciencia para impregnaren o papel de ideas, sentimentos, historias e segredos.

Por Paula Fariña (1º Bac. A) Carla e Santi queríanse moito, moitísimo. Pero como calquera outro mozo de dezaoito anos ten que decidir que facer coa súa vida, que estudar. Santi marchaba para a capital a formarse para ingresar no corpo de policía, mentres que Carla quedaba en Vigo a estudar dereito. Cinco anos estiveron […]

Rosalía                                              VER TEXTOS

Santa Marta era un lugar moi fermoso situado preto do mar onde ían os namorados a xurar o seu amor. O 14 de febreiro de 1999 unha parella foi a ese lugar, pero en vez de xurarse amor eterno, foron para resolver os seus problemas e as súas diferenzas.

Desgrazadamente, a rapaza morreu por causa dunha forte onda que a levou ata o fondo do mar. O rapaz, todo apenado, non quería sen ela e tirouse ao mar en busca da súa morte.

corazón2

52 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.