Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Artigos nesta sección:

Barahúnda é o proxecto musical integrado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. Este grupo, que se caracteriza pola capacidade de evocar sensacións coa música, desenvolve un estilo folk con raíces históricas e é quen de imprimir un carácter moi persoal nas súas composicións. As súas interpretacións están recollidas nos discos “Al sol de […]

Aquí vai unha pequena biografía sobre unha artista do canto, unha aútentica soprano de inolvidable voz.

O autor: Paco Nogueiras Nodar. Non o perdades

O 5 de Marzo deste mesmo ano estreouse o undécimo álbum de estudo de Jimi Hendrix, “People, Hell & Angels”. Este novo álbum demostra o talento e creatividade deste artista, que 43 anos despois da súa morte, segue tendo cancións como para lanzar discos. 

Este novo álbum ve a luz grazas ao esforzo da súa irmá, Janie Hendrix, encargada da produción do disco. O álbum posúe 12 temas gravados entre os anos 1968 e 1967, interpretados por un Hendrix con ansias por experimentar con novos sons.

Aquí tendes as bases do Cantalingua. Agora que estades de vacacións seguro que tendes tempo para gravar os vosos temas. Máis información en http://www.cantalingua.org/

O Galician Connection é un completo programa formativo artellado en cinco puntos e dirixido principalmente a músicos ou estudantes (que se deberán inscribir previamente) aínda que tamén haberá un concerto, que contará con importantes figuras da música galega e internacional.

Despois de 45 anos e máis de 300 millóns de discos vendidos, Led Zeppelin segue sendo a banda sonora de moitas historias, a inspiración para miles de músicos e a banda de rock máis importante dos anos 70 para moitas persoas.

 

Non é difícil entender o porqué do seu éxito se coñecemos a historia de Led Zeppelin, pois esta banda formárona catro músicos de sesión que, cansos de interpretar partituras, deixaron voar a súa imaxinación para facer as obras mestras polas que hoxe son coñecidos.

Deixámosvos o poema de Manuel maría que el musicou e canta como "Maxicamente vello". Podedes ler o poema e logo ver abaixo o vídeo

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua

se queremos vencer!

119 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.