Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Artigos nesta sección:

Por Paula Cambeses e Aldara Muíños

cartel-certame-VIIIO próximo sábado 15 de novembro celebrarase no Auditorio de Galicia o VIII Certame Galego de Bandas, aberto a bandas de toda Galicia. Despois de moitas horas de ensaios e concertos previos, a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo participará na terceira sección.  O concurso divídese en tres seccións: terceira sección, ata un máximo de 50 músicos, a  segunda de 51 a 70 músicos e primeira de máis de 71 músicos.  En cada categoría pode haber un máximo de cinco bandas participantes.

Todas as bandas participantes teñen que tocar un  pasodobre (fóra de concurso) , unha obra obrigada  e unha obra de libre elección.

Queres aprender a bailar, a tocar a pandeireta, a percusión, a gaita ou o acordeón? Pois xa está aberto o prazo de matrícula para inscribirse en Vai de Roda! Hai diferentes grupos organizados por idade e nivel, a partir dos 5 anos. Ademais é un curso moi especial porque celebramos o X aniversario da nosa […]

Por Aldara (4º ESO) Este sábado 31 de maio vaise celebrar  o IX Serán Mar de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda e coa colaboración do Concello de Rianxo. O lugar de encontro é o Campo de Arriba. Teremos ás 20:00 o Seranciño para os máis pequenos e ás 22:00 o serán. Este vai […]

IMG_6820 - copiaMaría Manuela (Ferrol, 1945) é, dende que no ano 1974 lanzara o seu primeiro traballo discográfico, unha das grandes referencias da música vocal en Galicia e as súas creacións forman xa parte da nosa historia recente.

Por segundo ano consecutivo María Manuela participa cos seus músicos no concerto solidario “Baixo o mesmo ceo”, celebrado o 29 de marzo no Auditorio municipal de Rianxo.

Recoñece que poucas veces accede a conceder entrevistas, pero non dubida en sentar á miña beira e contestar amablemente ás preguntas que lle fago. Confío en que poida ver reflectidas aquí fielmente as súas palabras.

sommm Despois de gañar numerosos concursos como Nsaio no Camiño, Gz Crea e o Foudation Reggae Festival, irromperon na escena nacional e internacional no ano 2009 co seu primeiro disco “Em Terra de Ninguem“.

Catro anos despois dese lanzamento, e logo dunha campaña de Crowdfunding, Som do Galpom presentaba noa no 2013 “Galinha de Troia. O último traballo da banda mantén a mestura de sons característica do grupo, cunha destacada presenza de rap e funk.

Os irmáns Brais e Gael Bassave, violín e voz do grupo, facilítanme a realización da entrevista que podedes ler a continuación.

 

Alba Comojo Díaz (1º ESO B)

Fran veloHai uns días Fran Velo concedeunos unha entrevista na Pousada das Ánimas, en Boiro, para esta revista.

Nela dános conta de como se formou o grupo e de onde saíu o nome de Heredeiros da Crus.

O sábado 15 de febreiro veu Sés, unha cantante galega da Coruña, a facer un concerto no auditorio de Rianxo.

O concerto comezou ás nove da noite e desde as oito e media comezou a entrar o público, que encheu o patio de butacas. Cantou cancións do primeiro disco, como “Tempestades de sal” e “Admirando a condición” e mais do segundo, por exemplo “Co xenio destrozado”.

Pandereteiras“Este pandeiro que toca,

era de coiro de ovella,

toca, toca pandeireta

toca, toca ata que arrabea.”

122 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 16  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.