Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Artigos nesta sección:

Imos a deixarvos a ficha do grupo do que forma parte o noso compañeiro de 2º de Bacharelato Martín Castro (2º pola dereita)

biribirloke

Cando naceu o grupo?

2010, aínda que comeza a súa andaxe e a moverse seriamente en 2012-2013.

 De onde son?

serán mar de RianxoEste sábado 30 de maio, o grupo Vai de Roda organiza o X Serán Mar de Rianxo. Coma todos os anos, se non chove, será no Campo de Arriba. Haberá un “seranciño” para os máis pequenos ás oito da tarde e logo ás dez comezará o serán.

A novidade deste ano é que dende a unha da tarde ata as catro. Algúns grupos farán un pasabares polos bares e cafeterías de Rianxo para ir collendo forzas para a noite.

 

Dende hai xa 5 anos, o IES Pintor Colmeiro de Silleda organiza un concurso musical onde calquera pode participar. O que pretenden é dar a coñecer a música da nosa terra, animando ao alumnado a elixir unha canción e montar un videoclip en galego arredor dela, esa é a condición.   Entre os participantes deste […]

Se a semana pasada publicabamos o vídeo musical feito no IES As Barxas de Moaña, hoxe tócalle ao feito polo alumnado veciño noso, o do CPI de Dodro. Baixo o título “Contedor munisipal” déixannos un traballo ben xeitoso

“Dime, que tes Galiza, que non queres falar? Ou é que non queren que fales, que fales, que fagas e fas mutis no escenario, no que ao mellor mutar, a túa lingua propia, o teu son, o teu cantar”. Así comeza o reguetón “Galiza latina” de Jeremías Arriaga e os seus compañeiros do IES As Barxas de Moaña, coordinados polo profesor Seso Durán.

Aquí vos deixamos o vídeo e a letra:

119 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 15  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.