Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Artigos nesta sección:

No noso IES disfrutamos durante todo o trimestre dunha nova exposición sobre música galega ou músicam´usica en galego en galego. Estivo a disposición de toda a comunidade educativa no corredor do edificio principal e conta con cartaces de grupos musicais galegos actuais.

Non se nos ocorre mellor forma de lembrar a Narf que a través da súa obra. Uns vídeos das súas actuacións:

Aínda non tivemos a oportunidade de falarvos da exposición de Música galega que preparamos no centro e que hoxe acabamos de colocar.

Lámina da exposición do ENDL

Lámina da exposición do ENDL

A noticia da enfermidade de Fran Pérez, Narf, sorprendeunos hai uns días cando quixemos convidalo para a inauguración do noso modesto evento. Hoxe caeunos coma un caldeiro de auga fría a triste nova. A nosa pequeniña homenaxe ao seu grande traballo co cartaz que lle pertence na devandita exposición.

 

arrolos Arrolos de Rianxo é un proxecto que está a desenvolver o Concello e ao que, por convite da Concelleira Hadriana Ordóñez, nos imos sumar para achegar o noso gran de area.

O alumnado está comezando o proceso de recollida de arrolos polas casas, que se sumarán aos que xa se estiveron xuntando coas persoas que acuden aos talleres de memoria.

Escoita os arrolos que cantan as veciñas de Rianxo, a ver se os coñeces!

 

 

Foto tirada da exposición “Ruando Rianxo” de Óscar Reboiras e Xoán Antón Castro

Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da muller homenaxearon no Parlamento galego a doce mulleres que por unha razón ou por outra romperon os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente non realizaban as mulleres. Unha delas foi Maruxa Miguéns, a primeira gaiteira profesional de Galicia

rosasarosalia  Amancio Prada (León, 1949) pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc). Edita o seu primeiro disco en 1974,  en 1975 grava o seu segundo disco, dedicado a Rosalía de Castro. Froito desta etapa son Caravel de caraveles, Cántico espiritual, Canciones de amor y celda, Lelia doura.

Negra sombra- Luz Casal e Carlos Núñez

Mais esta é un poema que se cantou en moitas lingua. Mirade como quedou en catalán a “Ombra negra” de María del Mar Bonet

Arrancamos coa Radio no IES Félix Muriel e no noso primeiro programa convocamos un pequeno concurso musical. Vós escolledes a canción que máis vos gusta das que vos propuxeron Xiana e Xyang.

122 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |   | 16  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.