A canción “Con paus e pedras”
Para ver a información do grupo fai clic na imaxe que che interese
Por Manuel Losada Figueira (2º ESO E) Os Rosales foi un grupo de músicos tradicionais de Asados, Con cello de Rianxo. Eran asiduos das festas populares e romarías de toda Galicia.O grupo caracterizábase en que moitos dos seus temas eran cantados. O repertorio tiña temas de composición propia pero con raíces da tradición musical galega, que […]
Hoxe, 21 de decembro, pechamos un trimestre que desde o ENDL dedicamos á música en galego cunha xincana especial e un pequeno concerto d’Os Rosales.
Ademais de xogos que se facían a ritmo da música dos grupos actuais que empregan o galego e mais dun divertido Galeoke, alumnado e profesorado aprendeu en seis charlas-obradoiro con músicos do concello de Rianxo e mais un convidado que chegou desde Trazo.
Tal e como vos anunciabamos na nova anterior, dedicamos este trimestre a difundir o proxecto de Música en galego co que traballamos xa desde hai dous anos.
Como complemento, editamos este calendario no que incluímos parte dos cartaces que deseñamos para a exposición, destacando aos grupos rianxeiros. Aínda que o proxecto orixinario se centrou na música actual, como este curso comezamos cun traballo arredor dos primeiros grupos que cantaron en galego a partir da ditadura, incluímos xa aquí ao mítico grupo Os Rosales.
Descargar en PDF: CALENDARIO 2017-web