Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Artigos nesta sección:

O Galician Connection é un completo programa formativo artellado en cinco puntos e dirixido principalmente a músicos ou estudantes (que se deberán inscribir previamente) aínda que tamén haberá un concerto, que contará con importantes figuras da música galega e internacional.

Despois de 45 anos e máis de 300 millóns de discos vendidos, Led Zeppelin segue sendo a banda sonora de moitas historias, a inspiración para miles de músicos e a banda de rock máis importante dos anos 70 para moitas persoas.

 

Non é difícil entender o porqué do seu éxito se coñecemos a historia de Led Zeppelin, pois esta banda formárona catro músicos de sesión que, cansos de interpretar partituras, deixaron voar a súa imaxinación para facer as obras mestras polas que hoxe son coñecidos.

Deixámosvos o poema de Manuel maría que el musicou e canta como "Maxicamente vello". Podedes ler o poema e logo ver abaixo o vídeo

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua

se queremos vencer!

Este ano 2012 cúmprense 45 anos do lanzamento dun dos máis grandes e polémicos álbums xamais creados, The Doors, da banda do mesmo nome.

The Doors é o primeiro álbum de estudo da banda homónima, que moitos consideran como un dos mellores discos de debut de todos os tempos. Foi o primeiro álbum lanzado en Estados Unidos no que algunha das súas cancións fosen censuradas por tratar de forma explícita temas como as drogas.

Entre os días 22 e 26 de outubro de 2014, Compostela encherase de visitantes que acudan a este festival de “world music”, un xénero musical que trata de unir a música tradicional, o folk as músicas étnicas.

A mañá do dezaseis de marzo os alumnos de 3º e 4º da ESO, acudimos a un concerto da Real Filarmonía de Galicia no auditorio de Santiago de Compostela co título de O século XX mira ao pasado..

122 Artigos |   | 1  |   | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.