Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / ...
Música galega actual

Recolleremos aquí referencias, arquivos de son e vídeos que sexan da música actual que se fai en galego, respectando os dereitos de propiedade dos seus autores

Artigos nesta sección:

Concerto en Boiro do grupo da Pobra do Caramiñal “El llanto de un ciego” o próximo 16 de maio.

O vindeiro 1 de maio de 2010, a Banda da Escola de Música de Rianxo cumpre xa 7 anos, e celebrarémolo cun concerto ás 13:00 h no Auditorio de Rianxo. Trátase dun concerto monográfico do noso compañeiro Antón Alcalde, xoven compositor rianxeiro.

O programa será o seguinte:

· Rúa da Fonte (pd) (*)

· Suite Galaica.

· Pinocho.

· Serengetti. (*)

· Pórtico.

· Contos da Aldeia. (*)

(*)Estreas.

Unha noite de encontro e festa arredor da nosa música e baile tradicional no que non faltarán alimentos para repoñer as forzas dos bailadores e bailadoras. Senón hai novidade poderase celebrar ao aire libre, no Campo, a rentes do Concello. Sen embargo está reservada a lonxa (grazas Confraría de Pescadores) por se chove.

Entre outros grupos de gaitas e pandeireteiras asistirán:

· A requinta da Laxeira

· Gaiteiros de Liñares

· Os campantes da Baña

· Novas amistades de Nespereira

· As Anduriñas de Pazos de Borbén

· O Lecer de Pazos de Borbén

· Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón

· Pandeireteiras de A Ermida

· Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén

· As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)

· Pandeireteiras de Regodobargo.

Entre outros.

O noso compañeiro do IES Félix Muriel, Antón Alcalde Rodríguez de 17 anos, alumno de cuarto da ESO gañou o certame internacional de composición que lle garante a proxección da súa carreira en distintos países. Foi no día 3 de maio cando o xurado da segunda edición do Concurso Iberoamericano de composición para banda Villa de Ortigueira deu a coñecer o título da obra vencedora: Viaxe ao centro da terra (homenaxe a Julio Verne)

Alcalde Rodríguez era o único músico galego que optaba ó premio xunto a outras dez composicións de artistas de países como Costa Rica, Colombia ou Arxentina, ademais das chegadas doutras comunidades españolas. Como premio, Antón recibiu un trofeo e un diploma, ademais da garantía de que a súa obra se escoitará ao outro lado do “charco”. Os organizadores do concurso, o Concello e a Banda de Ortigueira, contan cunha serie de entidades colaboradoras en distintos países entre as que se distribuirá a composición de Antón Alcalde para a súa posterior interpretación ou gravación.

 

O xurado, composto por directores e músicos internacionais, recoñeceu a El triángulo de las Bermudas e Katábasis co segundo e terceiro premio.

Presentamos un pequeno número de páxinas de interese musical; ademais tamén hai unha morea delas de grupos musicais que non incluímos, xa que algún dos enderezos que citamos xa nolas indican. Seguro que vós coñecedes outras páxinas de interese musical que tamén nos podedes achegar.

  • www.culturagalega.org/mega: con axenda musical, información de xéneros musicais diversos, música en galego… e con 150 arquivos de audio, imaxes e videos.
  • www.agadic.info: páxina da Axencia Galega de Industrias Culturais e entre elas están a Rede de Música ao Vivo, o Centro Coreográfico Galego e a Escola de Altos Estudos Musicais.
  • www.folque.com: Centro Galego de Música Popular, onde informan de estudos que se poden realizar, concertos, certames…todo relacionado coa música popular.
  • www.ghastaspista.com: información de música galega dende o século XX, con axenda de concertos, discos, exemplos de audio…
  • www.galego21.net/ravachol: Páxina de música tradicional e folk de Galicia.
  • www.aregueifa.blogspot.com: É unha plataforma para difundir, distribuir, amosar obras artísticas na Rede, ademais de contar cunha tenda, blog, información de discos…
  • apologhit.vieiros.com: en colaboración coa Radio Galega, buscan a canción galega do verán, polo que se poden escoitar e descargar tódalas cancións presentadas, así coma as letras, información dos grupos…
  • www.komunikando.net: portal de música galega con información de grupos, novas, concertos, etc.
  • www.sono-tone.net: Revista galega de música con información diversa.
  • www.galiciantunes.com: diversa información sobre a historia de música en Galicia, grupos, recursos musicais coma compañías discográficas, estudios de gravación, axudas e subvencións, etc.

 

Aínda que chega un pouco tarde esta noticia, sempre está ben recordar os éxitos da nosa banda. Parabens!

Durante o Nadal todos os veciños de Rianxo terán a oportunidade de deleitarse cos concertos da Banda da Escola de Música de Rianxo, que foi a recente gañadora, na súa categoría, do II Certame Galego de Bandas de Música Populares

42 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.