Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / ...
Música galega actual

Recolleremos aquí referencias, arquivos de son e vídeos que sexan da música actual que se fai en galego, respectando os dereitos de propiedade dos seus autores

Artigos nesta sección:

sommm Despois de gañar numerosos concursos como Nsaio no Camiño, Gz Crea e o Foudation Reggae Festival, irromperon na escena nacional e internacional no ano 2009 co seu primeiro disco “Em Terra de Ninguem“.

Catro anos despois dese lanzamento, e logo dunha campaña de Crowdfunding, Som do Galpom presentaba noa no 2013 “Galinha de Troia. O último traballo da banda mantén a mestura de sons característica do grupo, cunha destacada presenza de rap e funk.

Os irmáns Brais e Gael Bassave, violín e voz do grupo, facilítanme a realización da entrevista que podedes ler a continuación.

 

Alba Comojo Díaz (1º ESO B)

Fran veloHai uns días Fran Velo concedeunos unha entrevista na Pousada das Ánimas, en Boiro, para esta revista.

Nela dános conta de como se formou o grupo e de onde saíu o nome de Heredeiros da Crus.

O sábado 15 de febreiro veu Sés, unha cantante galega da Coruña, a facer un concerto no auditorio de Rianxo.

O concerto comezou ás nove da noite e desde as oito e media comezou a entrar o público, que encheu o patio de butacas. Cantou cancións do primeiro disco, como “Tempestades de sal” e “Admirando a condición” e mais do segundo, por exemplo “Co xenio destrozado”.

Lara Alcalde tamén gravou ao grupo Os Perucos cantando e tocando a canción de A Rumboia

Nestas vacacións de Nadal, fíxenlle unha entrevista a un grupo de música tradicional popular chamado Os Perucos. Este grupo fórmano sete músicos. No vídeo que vos amosamos abaixo (por orde comezando dende a esquerda): Héctor, Orbita, Manuel, Xacobo, Juan e Bautista, todos eles familiares .

Interpretan cancións de Fuxan os Ventos, A Roda, A Quenlla, Treixadura, Milladoiro… , grupos cos que esperan actuar algún día .

40 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.