Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

A EDUCADORA: Nieves Segovia  Nieves

Presidenta da Institución Educativa SEK

<<Está demostrado que os mozos cambiarán de traballo unha media de 7-10 veces ao longo da súa vida. Por iso, deben ser flexibles, dominar varios idiomas e ter unha visión global. Estas son algunhas das habilidades necesarias para competir cos números un de todo o planeta.

Nieves asegura que “3 de cada 4 alumnos de Infantil terán profesións que aínda non foron inventadas”.>>

(ARTIGO PUBLICADO EN CASTELÁN NO SUPLEMENTO DE PRENSA “TELVA” pax 94-103)

Xeración Millennials ou xeración Y.

Así se denomina aos mozos de menos de 30 anos que medraron baixo o paraugas da bonanza económica, locen un currículum envexable, posúen títulos universitarios, moitos deles un MBA (Master en Administración de Negocios) e, ademais, falan varios idiomas. Con todo, esta “xeración tan preparada” pasou a ser a do desemprego, cunha taxa do 57,2 por cento de paro xuvenil e un total de 300.000 mozos que se viron forzados a marchar ao estranxeiro en busca dunha oportunidade laboral.
Mentres, Youtube  tense convertido nun fervedoiro de vídeos que retratan a frustración que senten os que soñaban cun final feliz. Como A xeración perdida (con máis de 800.000 visitas), ou Realmente estás facendo o que te fai feliz?, que reivindica unha nova forma de traballar segundo a mentalidade Millennials. 

Dende o comezo do reinado dos Reis Católicos en Castela, os gobernantes casteláns buscaron todos os argumentos posibles para desprestixiar a Galiza, incluso chegaron a cambiar e mentir na historia e a dicir que o galego era unha lingua filla do castelán para conseguir ese propósito. Ata hai relativamente moi pouco tempo, a moita xente ocultóuselle a […]

Por Gloria Mirón (3º ESO) O 8 de marzo de cada ano celébrase o día da muller traballadora ou da muller en case todo o mundo. En algúns países é un día festivo. As mulleres levaban toda a vida loitando polos seus dereitos. Na actualidade, na maioría dos países conseguírono. Aínda así, na metade dos […]

Por Vicente Cores,  Damián Castro e Manuel Conde  (2º ESO)          Deixámosvos este vídeo que acabamos de facer sobre as consolas, no que vos explicamos algunha que outra cousa do que sabemos sobre elas e sobre todo queremos denunciar que non hai xogos en galego. Unha consola é un aparello que serve […]

Por Irene Conde (3º ESO)

223Conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé da igualdade cos homes e na sociedade. Celébrase o 8 de marzo porque esta data coincide con dous grandes eventos nos que as mulleres traballadoras foron vítimas e protagonistas.

Un deles foi o movemento de protesta pola falta de alimentos, iniciada polas mulleres rusas o 8 de marzo de 1817.

Dende o ano 2011 organízase o concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame dirixido ao alumnado do sistema universitario galego, de Bacharelato, e de 3º e 4º da ESO co obxectivo de “promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado”. Está organizado pola Facultade de Matemáticas da USC […]

 Reportaxe de Antía Rodríguez, 08/03/2016

Cada ano, o 8 de marzo, rendémoslle un homenaxe ás mulleres traballadoras.

    O día da Muller Traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade co  home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro  como persoa.

    Celébrase o 8 de marzo por  varios sucesos; un deles foi o movemento de protesta pola falta de alimentos iniciado polas mulleres rusas en 1917.  O outro acontecemento foi un  incendio en Nova York nunha fábrica téxtil en 1908, na cal  morreron calcinadas 146 obreiras.

Día da muller traballadoraMaría Costas Otero traballa de costureira nunha tenda de roupa en Taragoña. Escolleu ese oficio xa que lle quedaba preto da casa e ela non estudou ningunha carreira.

As condicións son boas; traballa oito horas diarias durante sete meses con un bo soldo. No seu traballo non existe a igualdade entre homes e mulleres xa que alí non hai varóns.

A maioría das mulleres novas da miña familia estudaron algunha carreira (pedagogas, arquitectas, piloto…) pero non todas atoparon traballo exercendo eses oficios,  e teñen que limpar casas,  traballar en fábricas etcétera.

275 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  |   | 35  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.