Imaxe de cabeceira
Sabías que...

Traballos de investigación realizados polo alumnado e o profesorado, artigos sobre curiosidades, …

Artigos nesta sección:

Por Sara Tubío Rial 3ºA

Dende sempre o mar en Rianxo tivo unha gran influencia e deu lugar a traballos como o das mariscadoras. Actualmente esta profesión emprega a numerosas rianxeiras, máis que antigamente.
Para explicarnos un pouco máis sobre o tema responderanos a algunhas preguntas Helena, unha rianxera de 79 anos que, como a meirande parte das mulleres da súa época, adicouse ao marisqueo, ademais de coidar da casa e dos fillos, mentres o seu marido estaba embarcado en alta mar.

Por Gloria Mirón

Fíxenlle unha entrevista a María Jesús, unha mariscadora con ampla experiencia. Podedes escoitala, e logo tamén lela transcrita abaixo.

Por Paula Ordóñez 

Para que sexa posible o traballo no mar hai persoas que traballan indirectamente. Hai redeiras que fan as redes para pescar, carpinteiros de Ribeira que constrúen os barcos, ferreiros que fan rastros e outros utensilios necesarios para conseguir peixe e marisco e mecánicos navais que arreglan os barcos.

Veño de entrevistar a Alejandro Ordóñez, mecánico naval que fala sobre as diferentes embarcacións

Irene Conde Arcos 3ºA

       Esta entrevista realiceilla a unha prima de miña nai que é mariscadora e pregunteille un pouco polo seu oficio xa que me parecía interesante e non sabía moito do tema.

     En Rianxo moitas mulleres (moi poucos homes) traballan no marisqueo ou nas conserveiras, incluso as hai que traballan en ambas cousas.

      Parécenme traballos moi duros e mal remunerados.

Xa hai case un mes que celebramos o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na CPLP. Coa axuda da profesora de Portugués Lingua Estranxeira enviada polo Instituto Camões, conseguimos argallar un día moi especial no IES. Desde o ENDL aproveitamos para reafirmar a mensaxe de que o galego ten como valor engadido a súa […]

A EXPERTA EN ENTREVISTAS DE TRABALLO: Mireia Las Heras

Mireia

Profesora do IESE

 Nas entrevistas de traballo, moitas delas por Skype, xa non che preguntan pola túa traxectoria ou os teus futuros retos, senón como acabarías co fame no mundo. Por outra banda, o currículum tradicional deixa paso á versión dixital, con vídeos, imaxes e unha breve presentación sobre as túas habilidades (tamén en inglés). Benvida aos novos procesos de selección.

Profesora e directora académica do Centro Traballo e Familia do IESE, Mireia As Heras sábeo todo das entrevistas de traballo que se están facendo no medio mundo. O último? Sorprenderche con preguntas insólitas que che fagan pensar.

O COACH 2,0   Alfonso Alcántara

Asesor de empregoAlfonso

Agora que o 80 por cento dos recrutadores de recursos humanos investiga aos seus candidatos en internet, para atopar traballo é fundamental coidar e potenciar a túa presenza na redes. Apunta as claves para crear e dominar a túa propia reputación dixital.

Máis coñecido como yoriento.com (o seu blog profesional con máis de 100.000 seguidores), Alfonso Alcántara é especialista e asesor en empresa e emprego 2.0, produtividade, desenvolvemento profesional, networking e márketing de contidos. Un auténtico gurú dos recursos humanos aplicados ás redes sociais, imprescindibles agora que o 68,76 por cento das empresas utilizan portais de emprego para atopar traballadores, e o 48,7 por cento faio a través das redes sociais. “Por iso, o mellor currículum non é un documento no que enumeras o que fixeches, senón un blog no que demostras o que sabes facer”.

A EDUCADORA: Nieves Segovia  Nieves

Presidenta da Institución Educativa SEK

<<Está demostrado que os mozos cambiarán de traballo unha media de 7-10 veces ao longo da súa vida. Por iso, deben ser flexibles, dominar varios idiomas e ter unha visión global. Estas son algunhas das habilidades necesarias para competir cos números un de todo o planeta.

Nieves asegura que “3 de cada 4 alumnos de Infantil terán profesións que aínda non foron inventadas”.>>

274 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 35  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.